Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca o proxecto Tech Angels centrado no talento galego como chave para a transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca o proxecto Tech Angels centrado no talento galego como chave para a transformación dixital

S. P.
Publicado: 15/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_pitching_01.jpgEsta mañá na Cidade das TIC (A Coruña) tivo lugar a inauguración da sesión de presentación de ideas (pitching) no marco do proxecto Tech Angels, que forma parte dun convenio de colaboración entre a axencia autonómica, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Clúster TIC de Galicia. Na dita sesión, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, salientaba que Galicia “necesita talento local e empresas propias para afrontar os retos dunha transformación tecnolóxica singular, nun proceso adaptado ás necesidades específicas do noso país”.
Cal é o obxectivo de Tech Angels? Pois seleccionar e coñecer proxectos empresariais innovadores non tecnolóxicos que precisen dun socio tecnolóxico e buscar emprendedores e proxectos cunha forte compoñente tecnolóxica para poñelos en contacto con investidores.
cluster_tic_pitching_02.jpg Julián Cerviño referiuse ás “singularidades” de Galicia relacionadas co territorio, entre elas citou: a poboación, a Administración e servizos dixitais, os sectores estratéxicos, a aposta da Xunta de Galicia polo emprego de tecnoloxías de alto impacto, a Intelixencia Artificial, a Internet das Cousas, a economía do dato, os vehículos non tripulados ao servizo do benestar das persoas e a xeración de riqueza.
Asemade, Cerviño subliñou que o talento de Galicia ten que contribuír a ese desenvolvemento con solucións adaptadas para afrontar os proxectos que a Xunta ten en marcha no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre os proxectos que requiren desa visión “autóctona”, Cerviño referiuse á xestión intelixente do territorio cos datos e información procedentes da rede de sensores de iCousas (Internet das Cousas); á plataforma de mobilidade que racionaliza e facilita o uso e eficiencia dos transportes públicos; o modelo de asistencia apoiada na tecnoloxía en residencias intelixentes e fogares intelixentes para persoas maiores ou con discapacidade; á automatización e robotización para acadar unha Administración dixital máis eficiente, máis personalizada e máis accesible; ou á evolución da xustiza e a educación dixital que xa están implantadas en todas as salas de vistas e en practicamente todas as aulas.
Dous bloques A presentación dos proxectos distribuíuse en dous bloques, con cinco pitch en cada un, incluíndo, ademais, unha sesión de preguntas e respostas durante a que os asistentes puideron consultar dúbidas e ampliar información sobre as distintas solucións presentadas.
No primeiro bloque, presentouse a solución Senior Lingua, que conecta a estudantes de idiomas con persoas maiores nativas nunha plataforma de vídeo chamadas, mediante algoritmos. En segundo lugar, a marca de surf de moda urbana Cero de Costa presentou o seu modelo de negocio e necesidades de expansión, seguida de Lanzadeira, que explicou o seu proxecto de optimización de contidos. Acto seguido, a consultora Nerxus Quality Solutions expuxo as súas solucións de Big Data e enxeñería e Kooltural rematou o bloque presentando a súa proposta para unir a xestores culturais co seu público, mediante IA para o perfilado de usuarios e procura con linguaxe natural.
Tras un breve receso, a media mañá, Tallki e a súa idea de negocio para moda interactiva e personalizada iniciou a segunda rolda de presentacións. A continuación, CT-Soil explicou o seu proxecto baseado en biotecnoloxía; Cardio Angel presentou a súa aplicación móbil de alerta cardíaca e a súa rede de voluntarios capacitados para realizar unha RCP; Zenss Wellness expuxo a súa solución para saúde mental; e Toi Toi Toi amosou a súa proposta para realizar unha aplicación web, con réplica en app, de xestión e promoción cultural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?