Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na UDC e na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na UDC e na UVigo

S. P.
Publicado: 18/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mulleres_tecnoloxias_mozas_tic_dixitais.jpgConscientes da necesidade de contrarrestar as desigualdades no ámbito tecnolóxico, a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo) puxeron en marcha diversas iniciativas para pór de relevo a existencia dunha fenda de xénero en diferentes ámbitos educativos e profesionais, e tamén medidas para reducilas ou palialas. Algunhas destas iniciativas, as que se focalizan no ámbito TIC, canalízanse a través da Cátedra Interuniversitaria Aldaba-WIB (Women, ICT & Business), que ambas universidades constituíron en 2019 coa empresa tecnolóxica Aldaba.
O obxectivo é “potenciar e enriquecer o progreso das TIC” e facelo promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento e establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.
No marco das iniciativas para reducir a fenda de xénero no ámbito TIC, a Cátedra puxo a disposición da sociedade BBG-TIC (Barómetro da Fenda de Xénero nos estudos TIC), unha ferramenta web gratuíta que reflicte graficamente (e permite consultar filtrando por diferentes criterios e ámbitos temporais) a evolución da baixa representación feminina nos estudos de enxeñaría TIC, en comparación co resto dos estudos.
Un recurso en constante evolución
Segundo indican a UDC e a UVigo, BBG-TIC está en constante evolución, incorporando os novos datos de matriculación, resultados académicos, etc., que publican as administracións públicas educativas, e permite avaliar se as medidas que desde os diferentes estamentos da sociedade están a levarse a cabo para reducir a fenda están a ter éxito ou non. Os resultados máis recentes que amosa o BBG-TIC revelan “un aumento significativo na matriculación de mulleres no Grao de Enxeñaría Informática para o curso 2023/2024, amosando unha tendencia positiva nos últimos cursos, tanto na UDC como na UVigo, a excepción do curso 2022/2023”.
A matriculación feminina no Grao de Enxeñaría Informática da UDC, desde a súa creación no curso 2010/2011 ata o curso 2020/2021, mantívose en cifras entre o 8% e o 13%. Do 9% de matriculación feminina no curso 2020/2021 pasouse ao 16% no curso 2021/2022 e ao 18% no curso 2023/2024, duplicando os rexistros. No Grao de Enxeñaría Informática da UVigo os datos mostran unha tendencia similar, aínda que cun crecemento menos pronunciado, dun 13% de matriculación feminina no curso 2020/2021 pasouse a un 19% de matriculación no último curso. E, en ambas as universidades, os números alcanzan o 23% e 21%, respectivamente, se incluímos as alumnas matriculadas nos Graos de Ciencia e Enxeñaría de Datos e de Intelixencia Artificial.
“Estes datos”, indican as dúas universidades galegas, “poden reflectir un cambio positivo na dinámica de xénero no ámbito tecnolóxico e unha maior apertura cara á participación feminina nun eido historicamente dominado polo sector masculino; e tamén reflicten o éxito dos esforzos combinados polas diferentes institucións e a comunidade educativa para superar barreiras de xénero e crear un ambiente inclusivo que fomente a diversidade no ámbito tecnolóxico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?