Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra premiará os vídeos que mellor resuman en TikTok a creatividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra premiará os vídeos que mellor resuman en TikTok a creatividade

S. P.
Publicado: 18/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

poconcursotiktok.jpgA Universidade de Vigo lanzou este 2024 a súa nova canle de TikTok, UVigoShow, unha iniciativa de lecer e dinamización creativa ao servizo da comunidade de estudantes. Coincidindo coa posta en marcha desta iniciativa, o Campus Crea (Campus de Pontevedra) decidiu centrar por primeira vez neste rede social o concurso que cada ano promove no marco das actividades da Semana da Creatividade.
Dirixido á comunidade universitaria, este certame convida a responder “de maneira divertida e dinámica” á pregunta de “que é a creatividade para ti?” a través de vídeos de non máis de 60 segundos. “Cremos que pode ser unha forma interesante de chegar a máis público”, sinalou Ana Belén Fernández Souto, directora de Área do Campus de Especialización Crea respecto dun concurso promovido coa colaboración da Deputación de Pontevedra e no que se outorgará un primeiro premio de 250 euros, xunto con dous accésit de 150 euros.
“O concurso enmárcase dentro da Semana da Creatividade e pretende tamén dar visibilidade ao proxecto do campus de especialización”, engade Fernández Souto do certame que Vicerreitoría e Campus Crea impulsan neste 2024 por primeira vez, tras promover previamente concursos de fotografía en Instagram. Desde este venres e ata o 15 de abril permanece aberta a inscrición neste certame, no que as e os participantes deberán subir os vídeos as súas contas de TikTok, incluíndo na descrición o texto @uvigoshow, así como o cancelo #ConcursoCampusCREA.
Segundo recolle a resolución reitoral pola que se convoca este concurso, os vídeos deberán “mostrar a vida do Campus Crea de Pontevedra” e tratar de dar resposta á pregunta de que é a creatividade para eles e elas. “Todo está permitido, desde obras de ate a interpretación, pasando por actuacións, narracións visuais ou calquera outra forma de expresión”, recolle a convocatoria. As pezas non poderán superar os 60 segundos e deberán ser orixinais e inéditas, así como non ter sido premiadas previamente. Terán tamén que estar tamén subtituladas ao galego no caso de que non fosen gravadas neste idioma.
O xurado valorará a orixinalidade do vídeo, a súa creatividade e o interese e claridade da mensaxe, así como o uso dunha estética e técnicas visuais adaptadas a esta rede social e as iteracións acadadas pola peza. Os premios entregaranse o 26 de abril, coincidindo coa xornada de peche da Semana da Creatividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?