Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A iluminación de Compostela será máis eficiente e sustentable grazas a Telefónica Tech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A iluminación de Compostela será máis eficiente e sustentable grazas a Telefónica Tech

S. P.
Publicado: 19/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

digit-ligh-santiago-compostela-telefonica-tech.jpgA dixitalización da iluminación pública de Santiago de Compostela vén de ser asignada a Telefónica Tech como socio tecnolóxico da UTE formada por Ferrovial e Endesa X. Dicir que esta acción está inserida no proxecto de mantemento e subministración da iluminación pública exterior do municipio galego adxudicado á dita UTE.
Deste xeito, Telefónica Tech implementa, en colaboración con Tellink, a súa solución de iluminación intelixente que permite a Ferrovial e Endesa X telexestionar por completo as luminarias LED e conseguir melloras de eficiencia e de aforro enerxético. Para iso, Telefónica Tech desprega máis de 10.000 nodos con conectividade NB-IoT, deseñados e fabricados por Tellink, sobre os diferentes farois do termo municipal para monitorizar o seu funcionamento, reportar posibles fallos en tempo real e enviar toda a información recollida a unha avanzada plataforma de software para a súa análise e xestión.
O novo sistema de iluminación LED intelixente de Santiago de Compostela está preparado para adaptalo ás necesidades reais de cada municipio. Grazas a esta solución tecnolóxica de Telefónica Tech, o consorcio poderá, por exemplo, xestionar individualmente de maneira remota o aceso e apagado de cada farol, modificar os niveis de intensidade lumínica durante a noite ou adaptar os niveis de iluminación de cada zona para a celebración de eventos especiais.
Dotar de intelixencia ás luminarias non só contribúe a mellorar a eficiencia enerxética, senón que optimiza as tarefas de mantemento e a xestión das instalacións, monitorizando o consumo e actuando fronte a posibles desviacións inxustificadas. De feito, o sistema está preparado para detectar fallos da iluminación antes de que estes se produzan e afecten á cidadanía.
Alfredo Serret, director global de IoT de Telefónica Tech, explica: “A nosa solución de telexestión de luminarias dota de intelixencia á iluminación pública para proporcionar importantes eficiencias, adicionais ás propias da tecnoloxía LED, e contribuír á sustentabilidade das cidades. En definitiva, supón evolucionar do concepto tradicional de cidade cara á Smart City, onde os elementos están conectados compartindo información para achegar un mellor servizo á cidadanía”.
Engadir que a solución de iluminación intelixente de Telefónica Tech conta co selo Eco Smart de Telefónica, verificado por AENOR, polos beneficios ambientais que xera nos clientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?