Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As vantaxes de Microsoft 365 na nosa empresa, ao detalle nun curso de Vitae en abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As vantaxes de Microsoft 365 na nosa empresa, ao detalle nun curso de Vitae en abril

S. P.
Publicado: 19/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft_365_vitae_1.jpgVitae Consultores vai organizar este mes de abril a segunda edición da súa actividade formativa Microsoft 365 na empresa, na que se mostran aos asistentes todos os detalles e todo o potencial desta solución de produtividade e colaboración na nube que, segundo salienta a consultora galega, ofrece unha ampla gama de ferramentas e servizos de gran valor tanto para as pequenas empresas como para grandes organizacións.
Estes recursos, engade Vitae, “permiten colaborar e traballar de maneira máis eficiente, xestionar o correo electrónico e a axenda de maneira profesional e protexer datos e arquivos, facéndoos dispoñibles desde calquera dispositivo conectado”.
O curso desenvolverase os días 15, 16, 17 e 18 de abril. Terá 12 horas de duración e desenvolverase en formato de aula virtual.
Ao longo desta actividade presentaranse os principais servizos, e as súas posibles aplicacións, así como os aspectos máis importantes para a súa correcta implantación e configuración, mediante exposicións sinxelas, casos prácticos e obradoiros individuais e en grupo. Grazas á vertente máis práctica do curso, sinala Vitae, “as persoas participantes poderán afianzar todos os coñecementos presentados, avaliar posibles usos para a súa organización, e coñecer boas prácticas para un emprego axeitado da ferramenta”.
microsoft_365_na_empresa_vitae_2.jpgA consultora lembra que entre as principais vantaxes da ferramenta atópase a posibilidade de acceder aos nosos arquivos e ferramentas desde calquera lugar cunha conexión a Internet. “Isto permítenos traballar desde calquera dispositivo, o que nos dá máis flexibilidade e permítenos ser máis produtivos”. Ademais, sinala Vitae, Microsoft 365 inclúe ferramentas como Microsoft Teams e OneDrive, que fan posible colaborar en tempo real cos nosos colegas e clientes, compartir documentos e traballar neles de maneira simultánea, o que acelera o proceso de traballo e mellora a eficiencia.
Obxectivos do curso
-Familiarizar ao participante coa contorna de Microsoft 365 e as ferramentas e servizos dispoñibles: OneDrive, Teams, SharePoint….
-Comprender como utilizar Microsoft 365 para colaborar con outros usuarios e traballar en equipo de maneira máis eficiente.
-Axudar aos participantes para comprender como utilizar Microsoft 365 para aumentar a produtividade e mellorar a comunicación no lugar de traballo.
microsoft_365_vitae.jpg O formador
A persoa encargada de impartir os contidos será Diejo Jurado, formador e consultor de Office, VBA, Power BI, Power Pivot e Microsoft365. Con máis de 16 anos de experiencia e máis de 10.000 horas impartindo formación de todo o paquete Office (Word, Excel, Access, PowerPoint e Outlook) para empresas a todos os niveis e dando servizos de consultoría e asesoramento a empresas para os usuarios.
Colabora desde hai 6 anos coa Cambra de Comerç de Barcelona impartindo formación a parte doutros clientes como son Inditex, Ajuntamiento de Barcelona, Mango, Magna entro outros. Tamén realiza formacións de M365 (SharePoint, OneDrive, Teams, Planner, Todo…) e de Power BI.
Amais, realizou consultorías de Excel, Access e Power BI coas empresas Puma, Agedi, Adamfoods, Granini e Cofidis entre outras. Ademais, consultorías de Microsoft 365 para as empresas Cambra de Comerç de Barcelona, Ecoveritas, Planet Sport, EcoEfficient, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?