Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vento Rede estenderá a banda larga á contorna de Escardia e Guillán, entre Vilagarcía e Carril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vento Rede estenderá a banda larga á contorna de Escardia e Guillán, entre Vilagarcía e Carril

S. P.
Publicado: 20/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_vento_rede_banda_larga.jpgO Concello de Vilagarcía quere dar un novo impulso á cobertura de banda larga no municipio, poñendo o foco nos núcleos rurais e nas contornas de poboación máis dispersa. Por exemplo as zonas da Escardia e Guillán, entre Vilagarcía e Carril, que, segundo fixo saber o Concello, serán as máis beneficiadas da nova fase de desenvolvemento da banda larga na cidade. A empresa Vento Rede, SL, adxudicataria do proxecto para toda a provincia de Pontevedra, cun presuposto de 9,7 millóns de euros, xa iniciou os traballos de trazado de planta.
A intención é que a instalación efectiva da infraestrutura comece no verán. O prazo máximo para rematar os traballos é o 31 de decembro de 2025.
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, mantiveron a semana pasada unha reunión coa empresa Vento Rede co obxectivo de fin de analizar máis polo miúdo o plan de traballo e a área de cobertura da nova fase.
O rexedor comprometeuse a axilizar en “todo o posible “a concesión das licenzas que “sen dúbida, comezarán a chegar dentro dunhas semanas”. Á súa vez, Vento Rede asumiu o compromiso de levar a cabo as obras “coa maior dilixencia”. O Concello lembrou as peticións dos veciños de ambas zonas, pero especialmente da Escardia, para que se poña fin ás deficiencias no acceso a internet veñen sendo unha constante nos últimos anos.
Segundo os datos expostos na reunión nesta nova fase a fibra chegará a un mínimo de 377 vivendas, das que 317 corresponden a A Escardia/Guillán. O resto, trátase de actuacións puntuais en Solobeira, Sobradelo, Bamio, Cea, Castroagudín, Rubiáns, Cornazo, A Lomba ou A Torre -todas na zona periurbana-, e no propio casco urbano de Vilagarcía (é o caso dos Duráns ou a praza de abastos).
Na etapa anterior, desenvolvida hai tres anos, a extensión da banda larga acadou a 520 unidades inmobiliarias, maioritariamente vivendas e algunhas naves comerciais, dende Vilaxoán a Carril, pasando por Vilagarcía, Sobradelo, Cea, Faxilde, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, A Laxe, Fontecarmoa… é dicir, as zonas máis densamente poboadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?