Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone impulsa o potencial turístico do Grove e Sanxenxo cunha nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone impulsa o potencial turístico do Grove e Sanxenxo cunha nova web

S. P.
Publicado: 20/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sanxenxo_grove_portais_vodafone.jpgVodafone presentou este mércores 20 no Real Club Náutico de Sanxenxo a nova web turística da Mancomunidade de Salnés para os municipios de Sanxenxo e O Grove, a páxina www.destinosalnes.com, un portal que permitirá a residentes e turistas dispoñer de toda a información necesaria para gozar ao máximo dos distintos atractivos turísticos destas localidades.
Segundo explicou a operadora, “trátase dunha web dinámica, intuitiva e de fácil navegación, que se deseñou de maneira responsive e pensando nos usuarios finais e en base a criterios de usabilidade centrados na facilidade da aprendizaxe, a baixa taxa de incidencias, os baixos niveis de frustración, a satisfacción subxectiva e a universalidade”. A compañía tamén salientou que os contidos do portal actualízanse en tempo real dende o xestor de contidos, cuxos detalles tamén se debullaron este mércores. Respecto das súas características, serve como repositorio dos contidos que se utilizan en plataforma e permite á Mancomunidade “dispoñer de contido turístico actualizado de forma automática e centralizada”, destacou Vodafone, detallando deste xeito as súas principais vantaxes:
-Permite que os propios comercios, restaurantes e aloxamentos poidan dar de alta os seus establecementos e manter ao día a información mostrada na páxina web.
-Pode integrarse con ferramentas de mensaxería e de mercadotecnia por correo electrónico, posibilitando o envío de correos a grupos de usuarios, a xeración de boletíns, confirmacións de alta de usuarios, etc.
-Utiliza motores de procura, facilitando a integración con outros motores de procura de forma eficiente e sinxela.
-Dispón de ferramentas que permiten a xestión dunha axenda de eventos, como actos nun municipio, ofertas dun servizo e/ou produto ou actividades temporais ligadas a un punto de interese turístico.
Jose Suárez, director territorial de Vodafone en Galicia, afirmou: “Estamos encantados de inaugurar esta innovadora web turística como parte do noso compromiso co desenvolvemento das cidades intelixentes. Este proxecto é un claro exemplo de como a tecnoloxía pode mellorar a experiencia turística e contribuír ao crecemento das comunidades locais”.
Pola súa banda, Jesús Herrero, director xeneral de Red.es, sinalou: “Para Red.es é un pracer ver en primeira persoa como as convocatorias se converten en proxectos reais, que teñen repercusión positiva nas persoas e nas súas vidas. É moi satisfactorio ver como a dixitalización está a chegar e transformar todos os ámbitos da sociedade, o día a día da cidadanía, de concellos como este e do seu tecido produtivo, que é o máis importante”.
O desenvolvemento do novo portal turístico forma parte do proxecto Sanxenxo e O Grove: Polos Turísticos Intelixentes, adxudicado a Vodafone por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial no marco da convocatoria de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI).
Entre as actuacións expostas, que se presentarán nos próximos meses, contémplanse tamén unha solución de estacionamento intelixente, destinado a desconxestionar as zonas de alta densidade e fomentar medios de transporte sustentable; e un proxecto de Smart Beach para facer monitoraxe das ocupacións e accesos, implementar conexións Wi-Fi e usar aplicacións móbiles para informar o turista da meteoroloxía na zona ou dos servizos dispoñibles, entre outros servizos…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?