Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Museos de Galicia salta ao Galiverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Museos de Galicia salta ao Galiverso

Redacción
Publicado: 25/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiverso_roman_rodriguez_gjhblrgx0aeyluc.jpgO Galiverso abre este mes de marzo unha nova fiestra ao universo dixital que conecta a Cidade da Cultura cos 11 centros que forman parte da Rede de Museos xestionados pola Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación deste novo Galiverso dos Museos, que poderá visitarse a partir do martes, de balde, na Cidade da Cultura.
Román Rodríguez salientou o potencial dun proxecto que une arte e tecnoloxía para construír experiencias educativas e de ocio singulares coas que descubrir o patrimonio galego, e que visitaron xa máis de 18.000 persoas. Nesta quinta montaxe, o Galiverso dos Museos permite achegarse á colección artística, etnográfica e arqueolóxica conservada nos museos públicos galegos.
Para construír o Galiverso dos Museos, dixitalizáronse cunha alta precisión ata 27 obras de arte, restos arqueolóxicas e obxectos únicos que as persoas visitantes poderán ademais coller coas súas mans virtuais para observalas en detalle. Entre elas, atópanse algunhas das pezas máis significativas de cada centro, como a escultura do cabaleiro de Beade conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, un delicado bocado de bronce empregado nos arreos dos cabalos descuberto no castro de Viladonga, ou o astrolabio máis antigo atopado nas costas de Galicia, que conserva o Museo do Mar en Vigo.
Os visores de realidade virtual brindan a sensación de estar dentro de cada museo, permiten entrar nas pallozas do Conxunto Etnográfico do Cebreiro e incluso mergullarse na paisaxe pintada por Urbano Lugrís no cadro Marina Surrealista, que se exhibe no Museo de Belas Artes da Coruña.
Como novidade, o Galiverso dos Museos incorpora a característica da persistencia no mundo virtual, de maneira que cada obxecto ficará no mesmo lugar e posición no que o deixou o visitante anterior. Grazas a isto é tamén posible deixar a pegada, literalmente, nun gran mural dentro do Galiverso, do mesmo xeito que facían os nosos devanceiros nas covas coa arte rupestre, explicou o conselleiro de Cultura en funcións.

O Galiverso máis inclusivo

galiverso_dos_museos.jpgDesde a súa posta en marcha en novembro de 2022, o Galiverso propón usar as novas tecnoloxías dixitais para favorecer o acceso ao patrimonio cultural, natural e histórico galego a persoas de calquera idade e condición. “Temos a vontade de facer do Galiverso o museo con maior accesibilidade universal, sen fronteiras tanxibles que limiten a visita”, afirmou Román Rodríguez.
No deseño de todas as montaxes do Galiverso empréganse controis intuitivos a través dos xestos das mans, textos e locucións explicativas de apoio, e tamén se acomodan as experiencias para que poidan gozalas persoas con mobilidade reducida. O Galiverso dos Museos vai un paso máis alá, incorporando unha zona táctil na que poder “ver coas mans” réplicas impresas en 3D de catro das pezas que foron recreadas tamén na experiencia virtual.
Unha aplicación deseñada pola Universidade de Vigo explica aos usuarios o funcionamento deste espazo, no que tamén hai auriculares de vía ósea e de bucle magnético para que as persoas con dificultades auditivas poidan escoitar as instrucións.
O Galiverso dos Museos pode visitarse de martes a domingo, reservando praza de maneira gratuíta no Museo Centro Gaiás ou a través de Ataquilla. A idade mínima para poder colocarse as lentes de realidade virtual son os 8 anos, e os menores de 12 deben acudir acompañados dun adulto responsable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?