Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo lanza o cuarto volume do catálogo Quero ser investigadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo lanza o cuarto volume do catálogo Quero ser investigadora

S. P.
Publicado: 01/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

quero_ser_investigadora_uvigo.jpgA UVigo vén de publicar un novo volume, o cuarto xa, do catálogo Quero ser investigadora. Faino co obxectivo de dar visibilidade ás investigadoras dos campus e espertar vocacións STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) entre a mocidade da nosa terra. Nesta cuarta edición, ilustrada por Laura Antelo Gómez, difúndese a historia de dez novas referentes, dez mulleres, dez investigadoras, dez nenas que quixeron dedicarse ao que máis lles gusta: achegar coñecementos sobre a súa área de traballo que axuden á sociedade a avanzar cara un futuro mellor. No volume participan Herminia Domínguez (CINBIO), Marta Conde (CIM-UVigo) ou Laura Docío (atlanTTic), entre ouras.
O catálogo ábrese coa participación da docente e investigadora do Departamento de Lingua Española Inmaculada Anaya Revuelta, que destaca a importancia de manter a ilusión e as ganas de traballar e aprender cousas para despois transformalas e facerllas chegar á sociedade.
Marta Conde Sieira, investigadora no eido da Bioloxía Mariña no grupo de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en acuicultura, PhysToFish, do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo), fainos pensar nas grandes científicas como Marie Curie ou Rosalind Franklin, “elas, ademais de ser boas investigadoras e achegar moito á ciencia, foron tamén unhas mulleres moi valentes que non se renderon a pesar dos obstáculos”.
Pola súa banda, a enxeñeira de Telecomunicación do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic, o Centro de Investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Laura Docío Fernández, fálanos neste libro da súa paixón pola tecnoloxía e o seu traballo en proxectos pioneiros no procesamento de sinais e recoñecemento de lingua de signos.
Para Herminia Domínguez González, do grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible (EQ-2) do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, “a diversidade é riqueza”. Destaca, ademais, a necesidade de colaboración para afrontar os novos retos e atopar novas solucións na actualidade. “A investigación esixe traballo en grupo”, establece.
Ana Belén Fernández Souto conta neste libro que sempre foi unha apaixonada da Publicidade e a Comunicación. A investigadora do grupo de Comunicación Persuasiva (CP2) afirma que “ante as dificultades é importante apoiarse nas compañeiras e compañeiros de profesión”.
Pola súa banda, a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias, María Dolores Garza Gil, investigadora adscrita ao centro de investigación interuniversitario Ecobas, establece que “o que máis lle gusta do seu traballo e contribuír a mellorar o progreso e o benestar da sociedade actual e das xeracións futuras.
Ademais, Águeda Gutiérrez Sánchez, conta nesta publicación algunhas das dificultades coas que se atopou por dedicarse á educación física nun momento no que nese ámbito as mulleres eran minoritarias. A docente e investigadora do grupo de Educación, Actividade Física e Saúde (GIES10) transmítelle aos lectores a importancia da perseveranza.
No caso de Elena Martín Ortega, investigadora no grupo de Enxeñaría Química, Térmica e Ambiental do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE), lembra neste catálogo como sempre lle atraeu o proceso de ensinar e como admiraba a profesión do seu pai, que era profesor.
Para Isabel Mociño González, filóloga e investigadora especialista en literatura infantil, “termos unha sociedade lectora é termos persoas pensantes, menos manipulables”. Docente na Facultade de Educación e Traballo Social pertence ao grupo de investigación de Literatura infantil e xuvenil angloxermana e a súa tradución (AI1).
O catálogo péchase con Xanel Vecino Bello, do Grupo de Enxeñaría Química 10 (EQ10) do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, CINTECX. “Eu coido que a investigación é unha maneira de ver a vida. Fai que sexa unha persoa curiosa”, explica ao inicio do seu texto. O seu traballo céntrase na economía circular, a sustentabilidade e a simbiose industrial.
Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i). Dirixida ao alumnado de ensino secundario, tanto ESO como Bacharelato, conta cunha edición en papel que se está a distribuír nos institutos de toda Galicia, así como dunha versión dixital. A maiores o libro acompáñase dunha guía didáctica e de contidos gamificados coa ferramenta Genially, de cara a facilitarlle ao profesorado o traballo co catálogo nas aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?