Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os vindeiros meses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os vindeiros meses

Redacción
Publicado: 08/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240408redecuantica.jpgO pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Xunta, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxías cuánticas, reuniuse recentemente en Santiago de Compostela para definir o seu plan de actuación para os vindeiros meses.
Entre as actividades priorizadas para o período 2024-2025 atópase a creación de varios comités executivos, que teñen encomendada a consecución de obxectivos concretos e accións estratéxicas que posicionen a Galicia no medio e longo prazo, cun enfoque de xeración de impacto nas empresas; a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas na Comunidade e a celebración de varios encontros.
En maio prevese a organización dun evento que facilite a interacción, colaboración e o intercambio de coñecementos entre tecnólogos e investigadores de Galicia no ámbito das tecnoloxías cuánticas para impulsar o establecemento de relacións sólidas e colaborativas entre os axentes identificados e promover proxectos colaborativos que redunden no avance e a innovación no campo das tecnoloxías cuánticas. En setembro terá lugar tamén unha xornada orientada especificamente aos líderes tecnolóxicos do tecido empresarial galego, para axudarlles a introducirse nos posibles usos destas tecnoloxías.
Así mesmo, deuse conta de distintas actividades que se van desenvolver no marco desta Rede, como a celebración dun evento anual de referencia en tecnoloxías cuánticas en Galicia, organizado por Fujistsu e a Xunta de Galicia o 9 e o 10 de outubro; ou accións de divulgación entre o público xeral, entre as que destacan a celebración do World Quantum Day o vindeiro 14 de abril organizado polo CESGA e o IGFAE (USC); ou un ciclo de cine, que se inicia coa proxección de O ollo e a máquina, organizado polo CESGA no CGAC durante este mes de abril (5, 11, 12, 18 e 19 de abril 2024).
Por último, tratouse o posible deseño dunha convocatoria de proba de concepto en tecnoloxías cuánticas, a celebración dun hackaton ou a posible creación dun Observatorio de Tecnoloxías Cuánticas no 2025 para seguir de preto o desenvolvemento e a evolución destas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?