Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia recibe o ofrecemento de formar parte dunha rede de rexións de referencia en IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia recibe o ofrecemento de formar parte dunha rede de rexións de referencia en IA

Redacción
Publicado: 10/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240410_juliaan-cervinno-axel-voss.jpgGalicia recibiu o ofrecemento para formar parte dunha rede europea de rexións destacadas pola implantación temperá da intelixencia artificial, segundo destacou o director da AMTEGA, Julián Cerviño, tras reunirse nos dous últimos días con diversos representantes da UE.
Julián Cerviño presentou na capital comunitaria os avances da lei galega de intelixencia artificial, así como as principais actuacións de Galicia para a promoción desta tecnoloxía. Reuniuse con representantes do Parlamento, do Comité das Rexións, da Comisión e da Representación Permanente de España ante a UE. Estivo acompañado pola directora da Oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos.
No marco do eixo transversal da Estratexia Galicia Dixital 2030 que promove a especialización da nosa comunidade en tecnoloxías de alto impacto, a delegación galega reafirmou ante os representantes europeos a súa vocación de consolidarse como unha rexión de referencia en intelixencia artificial. Esta aspiración arguméntase en actuacións como a preparación da primeira lei rexional europea para o desenvolvemento e promoción da IA, a atracción cara a Galicia da Axencia Estatal de Supervisión de IA (AESIA), a aprobación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial ou a creación dunha Comisión de expertos para o asesoramento no desenvolvemento e uso ético da intelixencia artificial na nosa comunidade.
Despois dun encontro co conselleiro de Axenda Dixital da Representación Permanente de España ante a UE, Miguel Valle, a representación galega reuniuse o martes co director de Desenvolvemento Lexislativo do Comité das Rexións, Thomas Wobben.
Foi nesta xuntanza na que Galicia recibiu a proposta de formar parte dunha rede pioneira de rexións europeas que apostan pola especialización en intelixencia artificial, así como de participar en actuacións para compartir casos de éxito e presentacións de relatorios sobre esta materia. Wobben foi informado sobre os avances na tramitación da Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial de Galicia, que será presentada para a súa aprobación no Parlamento autonómico antes do verán.
Julián Cerviño reuniuse esta mañá co eurodeputado Axel Voss, responsable do informe da comisión especial sobre Intelixencia Artificial na Era Dixital do Parlamento Europeo, que estableceu o calendario para a tramitación do regulamento europeo de IA (IA Act). No encontro tamén participaron os deputados Francisco Millán e Pilar del Castillo. Axel Voss informou á delegación galega sobre as implicacións rexionais e o alcance da IA Act, recentemente aprobada.
As sesións de traballo en Bruxelas remataron esta tarde cun encontro co responsable de políticas de Desenvolvemento da Intelixencia Artificial e Coordinación da Dirección Xeral de Sociedade da Información e Medios de Comunicación da Comisión Europea, Martin Ulbrich.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?