Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FIC acolle unha nova edición da súa feira de prácticas e emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FIC acolle unha nova edición da súa feira de prácticas e emprego

Redacción
Publicado: 22/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fepeficcartel_gal.jpgDesde mañá e ata o vindeiro xoves, 25 de abril, a Facultade de Informática da Coruña (FIC) acollerá a V Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic) dirixida a todo o alumnado de Informática. Esta cita, organizada pola FIC, en colaboración coa Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), ten como obxectivo tender pontes entre as empresas do sector TIC e o alumnado de grao e mestrado da FIC interesado en realizar prácticas en empresas ou en introducirse no mercado laboral.
Nesta edición estarán presentes un total de 26 empresas TIC, polo que o alumnado asistente terá a oportunidade de coñecer de primeira man algúns dos proxectos e iniciativas que están a desenvolverse no ecosistema empresarial. Durante tres días serán varias as iniciativas que se levarán a cabo, mesas redondas, presentacións e outras accións de posta en común entre alumnado e empresas, que terán lugar nos diferentes expositores que compoñen esta feira, que chega á súa V edición.
Desde a FIC, a súa vicedecana de Relacións Institucionais, Paula Castro, destaca “o interese do alumnado por este evento que, cada ano, atrae a un maior número de estudantes coa finalidade de coñecer en primeira persoa as oportunidades laborais e prepararse para os futuros procesos de selección.”.

Contidos
  • Empresas participantes
  • Premio ao mellor Traballo Fin de Grao aplicado

Empresas participantes

As entidades que estarán presentes na presente edición da FePEfic son: Abanca, Aldaba, Altia, Avansig, Balidea, Cinfo, DataSpartan, Denodo, Enxenio, GBTEC, HPE CDS, Imatia, Inditex Tech, Innogando, Inycom, Itg, Merlin Software, Minsait, Navantia, NTT Data, Nunegal Consulting, Possible, QindelGroup, Sngular, Torusware e Trileuco.

Premio ao mellor Traballo Fin de Grao aplicado

Na última xornada da Feira, terá lugar tamén a entrega de premio ao mellor TFG aplicado da FIC, dotado con 1.500 euros. Un galardón dirixido a apoiar os mellores traballos realizados, e que está patrocinado pola Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business, a Cátedra CICAS (Cátedra polo Impulso da Ciencia Aberta a través do Software, de Sngular) e a Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?