Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os colexios e institutos poden solicitar a súa incorporación á Rede de Centros Plurilingües e ao proxecto E-Dixgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os colexios e institutos poden solicitar a súa incorporación á Rede de Centros Plurilingües e ao proxecto E-Dixgal

Redacción
Publicado: 22/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

edixgal-educacion-dixital.jpgA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, avanza na preparación do vindeiro curso escolar en ámbitos como a mellora de competencias lingüísticas e dixitais no ensino galego. Faino a través da apertura das convocatorias públicas para que os colexios e institutos que o desexen, de forma voluntaria, soliciten a súa incorporación á Rede de Centros Plurilingües de Galicia e ao proxecto de Educación Dixital E-Dixgal para o vindeiro curso académico.
No caso do plurilingüismo, a Consellería publicou no Diario Oficial de Galicia as convocatorias que permitirán seguir estendendo a aprendizaxe dunha lingua estranxeira no sistema de ensino galego nas etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Os colexios e institutos interesados poderán presentar as súas candidaturas ata o 30 de abril a través da aplicación habilitada ao efecto no Portal Educativo.
Todas estas convocatorias enmárcanse na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras (EDUlingüe 2030), para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, na que se contemplan medidas e accións para a mellora da competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego.
Este modelo plurilingüe implantado pola Xunta -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO. Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil, Bacharelato e Formación Profesional. No actual curso 2023/24 hai un total de 500 centros plurilingües, que contan co apoio de 655 auxiliares de conversa nativos de ata 22 nacionalidades distintas que imparten clases nestes centros.

Melloras na competencia dixital

Doutra banda, os centros dispoñen de prazo ata o 27 de abril para solicitar a súa incorporación voluntaria ao proxecto de Educación Dixital, E-Dixgal, a través do cal, nas aulas galegas, conviven e compleméntanse entre si a aprendizaxe analóxica e dixital. Poderán sumarse un máximo de 20 centros.
O obxectivo desta acción, que leva unha década funcionando con normalidade, é traballar a competencia dixital entre o alumnado, como unha competencia clave recollida nos currículos educativos e necesaria e básica para o desenvolvemento na sociedade actual. A mesma forma parte do amplo abano de iniciativas dentro deste modelo híbrido que combina aprendizaxe virtual e analóxica e que se insire na Estratexia de Educación Dixital 2030.
Así pois, os colexios e institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles permite acceder a contidos dixitais totalmente de balde para as familias, e que compaxinan co uso de recursos físicos tradicionais de aprendizaxe como son os manuais, libros e cadernos.
A convocatoria deste ano está aberta a un máximo de 20 centros de nova incorporación, que deberán presentar un proxecto específico en base a distintos requisitos. Así mesmo, a solicitude deberá contar coa aprobación previa por parte do Claustro do profesorado e do Consello Escolar do centro, onde están representadas as familias.
Froito da experiencia previa, no proxecto estanse introducindo cambios para mellorar a súa implementación nas aulas. Así pois, para os centros que se incorporen en ESO, todo o alumnado deberá recibir un mínimo de seis materias en modalidade dixital a elección do centro, segundo o curso e tendo en conta que para este cómputo non se terán en conta as materias con só unha ou dúas sesións lectivas á semana agás a materia de Segunda Lingua Estranxeira e as de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?