Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presentará no IV Encontro CIBER.gal proxectos de ciberseguridade no ámbito do transporte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presentará no IV Encontro CIBER.gal proxectos de ciberseguridade no ámbito do transporte

Redacción
Publicado: 29/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

As actuacións enmarcadas no proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade do Programa Retech, no que Galicia lidera o ámbito relacionado co transporte intelixente, será un dos argumentos da IV edición do Encontro do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. Este evento de referencia sobre seguridade da información terá lugar os vindeiros días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura, cunha xornada previa o 3 de outubro en Ourense.
O Encontro reunirá a expertos, empresas nacionais e internacionais, entidades locais e á cidadanía, para acordar os retos e oportunidades da seguridade no entorno dixital. Está organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría informática de Galicia (CPEIG).
Entre outros, contará coa participación do experto en ciberseguridade, Chema Alonso, así como de representantes dos socios fundadores do Nodo. Entre eles, atópase o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), que traerá á Cidade da Cultura un roadshow e un expositor de ciberseguridade adaptado a todos os públicos. Acollerá actividades como unha escape room e áreas de xogos.
O programa do evento estará dirixido tanto a empresas tecnolóxicas como ao tecido empresarial no seu conxunto, así como para empregados públicos, profesionais da ciberseguridade e á sociedade galega.
Ademais, no marco do encontro, o Nodo CIBER.gal organizará unha xornada sobre ciberseguridade o 3 de outubro no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole, en Ourense. Esta xornada está dirixida ás empresas e ao sector da innovación e investigación tecnolóxicas. O seu obxectivo é achegar ás empresas galegas as últimas tendencias en ciberseguridade. Un dos asuntos principais da xornada serán as iniciativas sobre ciberseguridade no transporte intelixente do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade do Programa Retech. No centro participan, ademais de Galicia, as comunidades de Cataluña e Valencia.
Así mesmo, a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, traballa xa na renovación co convenio do Nodo CIBER.gal, que estenderá a súa vixencia catro anos máis e reforzará o ecosistema xerado ata hoxe, conformado por máis de 50 entidades adheridas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?