Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos renderán homenaxe ao profesor Manolo Ramos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos renderán homenaxe ao profesor Manolo Ramos

S. P.
Publicado: 29/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_etiv_uvigo.jpgOs Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos van homenaxear este ano ao profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manolo Ramos, falecido en 2022. Esta terceira edición dos galardóns constará dunha soa categoría, a de mellor traballo de investigación, que levará o nome do docente e que nace, segundo informou a UVigo, como “unha oportunidade para recoñecer o labor do cadro docente e investigador en relación coa localización de videoxogos, así como para fomentar liñas de traballo futuras”.
Os Premios ETIV-UVigo son uns galardóns institucionais organizados pola Universidade de Vigo e o grupo de investigación Tradución & Paratradución (T&P), dentro do marco de actividades do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). Este título foi concibido no curso 2018-2019 polo profesor e investigador Óscar Ferreiro, coa innovadora idea de establecer os primeiros estudos de especialista neste eido impartidos por unha universidade pública. A iniciativa, lembra Ferreiro, “xurdiu grazas ao apoio dos profesores Ramón Méndez e José Yuste, pero contou tamén coa importante axuda do entón e sempre vicerreitor de Organización Académica e Profesorado, Manolo Ramos, quen apoiou o proxecto”. Precisamente pola súa axuda agora nace esta nova categoría de premio, que foi presentada polo profesor Ferreiro ao seu equipo na II Gala dos premios ETIV-UVigo en 2023. Ferreiro explica que esta distinción, concibida para honrar a un dos actores do título ETIV, “chegou para quedar e será un tributo continuo nos premios ETIV-UVigo, dando entrada xa á sétima edición do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) para o curso 2024-2025”.
Engadiu que este novo premio está aberto á participación de persoal docente e investigador de calquera universidade española ou estranxeira. Para poder concorrer só é preciso ter contrato, ben sexa a tempo completo, ben sexa parcial, durante un período mínimo dun ano entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2023, nunha institución de educación superior.
Os traballos que se presenten deberán ter relación directa coa localización de videoxogos e estar redactados en español, galego, catalán, éuscaro, inglés, francés ou portugués. No caso de que se trate dunha publicación con varios autores, só será rexistrado por unha persoa e a candidatura terá que ser validada por cada un dos autores.
A selección dos traballos será realizada por unha comisión de avaliación que recoñecerá o labor realizado polas persoas investigadoras cuxos traballos representen un alcance significativo no campo da localización de videoxogos, premiando aquelas contribucións que presenten maior capacidade de avance do coñecemento producido nesta disciplina. O prazo de inscrición estará aberto entre o 1 de maio e o 31 dese mesmo mes.
Os premios ETIV-UVigo, que se conceden dende 2021, recoñecen o bo traballo das persoas do oficio da localización de videoxogos, en palabras dos impulsores “un eido de gran relevancia na actualidade que é xa un mercado profesional de gran capacidade empregadora, porque o desenvolvemento dun videoxogo involucra, segundo o caso, dende a unha única persoa ata un milleiro delas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?