Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC homenaxea ao enxeñeiro de telecomunicación José Pazos Arias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC homenaxea ao enxeñeiro de telecomunicación José Pazos Arias

Redacción
Publicado: 02/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ragc_5_placa_familia_2.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Vigo celebraron un acto in memoriam do profesor José J. Pazos Arias (1964-2023), natural do concello pontevedrés de Baiona, falecido o pasado mes de decembro. Era académico numerario da RAGC e catedrático de Enxeñaría Telemática da UVigo.
No transcurso do evento, que tivo lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da institución viguesa, participaron o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; o presidente da RAGC, Juan Lema; a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Rebeca Díaz; o director do Centro atlanTTic da UVigo, Martín Llamas; o académico da RAGC Pedro Merino; Martín López, catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática da UVigo; e Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións da UVigo e académico da RAGC. Unha vez clausurado o acto, colocouse unha placa no exterior da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e plantouse unha oliveira en memoria do profesor homenaxeado, coa presenza da súa familia.
José Pazos cursou os seus estudos de Enxeñaría de Telecomunicación (especialidade de Telemática) na Universidad Politécnica de Madrid (UPM). Tras un breve paso pola empresa, en 1988 aceptou o desafío de regresar á súa terra e comezar a aventura de dar forma e calidade á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, que iniciaba a súa andaina. O profesor contribuíu ademais a poñer os cimentos do futuro Departamento de Enxeñaría Telemática -do que foi o seu primeiro director-, xunto a varias materias da especialidade. Posteriormente foi subdirector da Escola e director da Área de Novas Tecnoloxías da Universidade de Vigo.
Tras doutorarse pola UPM en 1995, fundou o Grupo de Servizos para a Sociedade da Información da Universidade de Vigo. O seu intenso esforzo investigador no campo dos sistemas de recomendación automática, labor á que dedicou a maior parte da súa carreira, traduciuse nun bo número de publicacións en congresos e revistas internacionais, varias teses doutorais dirixidas, proxectos a nivel nacional e europeo, e unha significativa colaboración co mundo empresarial, o que lle fixo merecedor da Cátedra de Enxeñaría Telemática.

Contidos
  • Impactos en áreas da saúde e do patrimonio cultural
  • Na Academia Galega de Ciencias José Pazos aportou a súa perspectiva do presente e futuro das TIC na sociedade galega

Impactos en áreas da saúde e do patrimonio cultural

ragc_2_publico.jpgNa súa intervención, Martín López, catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática da UVigo, destacou a preocupación do homenaxeado polo uso que se lle podía dar ás crecentes ordes de magnitude que se ían alcanzando en capacidades de almacenamento e de cómputo, velocidades de transmisión de información… “De aí que chamase ao seu grupo `Servizos para a Sociedade da Información´, xa que todo iso tiña que poñerse ao servizo da sociedade. Tivo a lucidez de identificar o potencial de combinar conceptos e tecnoloxías incipientes como eran as dos sistemas recomendadores e a Web Semántica, albiscando aplicacións en innumerables dominios. Estaba especialmente satisfeito polos impactos que fomos conseguindo en aplicacións do noso grupo en áreas da saúde e o patrimonio cultural”.

Na Academia Galega de Ciencias José Pazos aportou a súa perspectiva do presente e futuro das TIC na sociedade galega

O seu traballo no campo da personalización dos servizos dixitais foi recoñecido co seu ingreso na Real Academia Galega de Ciencias en 2016, un premio á súa traxectoria ao que o investigador correspondeu coa súa acertada perspectiva do presente e futuro dos TICs na sociedade galega. Nesta liña, Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións da UVigo e académico da RAGC, lembrou que “en 2015 tiven a oportunidade de nomear a Jose como candidato a formar parte da RAGC. Á vista do seu brillante currículo, a miña proposta foi acollida moi favorablemente. No seu discurso de ingreso, titulado `Crecemento exponencial da información. Do Big Data ao Small data´, ilustrounos sobre como cada vez se facía máis difícil navegar no océano de información e como ao mesmo tempo se abría a oportunidade de desenvolver novas ferramentas baseadas en intelixencia artificial para recomendar contidos aos usuarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?