Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prosegue a xira dixitalizadora da Deputación de Lugo, que chegou apoio a 2.000 pemes e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Prosegue a xira dixitalizadora da Deputación de Lugo, que chegou apoio a 2.000 pemes e autónomos

S. P.
Publicado: 06/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

monforte_visita_oficina_mobil_acelera_pemes.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este luns 6 de maio en Monforte de Lemos a oficina móbil do Acelera PEMES, o programa a través do que a entidade lucense ofrece asesoramento e soporte gratuíto en materia de transformación dixital ás empresas e autónomos da provincia. José Tomé subliñou que dende o inicio deste proxecto, que a institución provincial desenvolve grazas a fondos europeos, son preto de 2.000 as pequenas e medianas empresas e persoas autónomas que recibiron apoio en dixitalización para modernizar os seus negocios, e gañar eficiencia e competitividade.
O mandatario provincial reuniuse co persoal que se está a encargar de ofrecer o asesoramento nesta unidade móbil, localizada este luns nas Casitas da Compañía, e destacou que se trata da segunda rolda de visitas que desenvolve esta iniciativa, durante a que 7 axentes dixitais farán diferentes paradas ata o vindeiro 20 de xuño en máis de 50 concellos. “As experiencias que estamos tendo son moi positivas, sobre todo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, onde estamos focalizando máis os esforzos, ao ser onde detectamos que é máis necesario”, subliñou José Tomé, engadindo que “dende se puxo en marcha este programa, o pasado 13 de setembro, a Deputación asesorou xa a máis de 1.750 empresas e atendeu 4.000 consultas, o que pon de manifesto o grande interese que está a xerar para as pequenas e medianas empresas que traballan na provincia”.
Tamén explicou que nestes encontros coas empresas os axentes estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. “Nestas sesións se lles axuda ás empresas e ás persoas autónomas a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seareiros, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios”, sinalou.
O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% procede da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e o 20% da propia Deputación de Lugo.
Vindeiras paradas da oficina móbil
A oficina móbil do Acelera PEMES arrancou esta segunda volta pola provincia a pasada semana nos concellos do Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova, Meira e Pol. Ademais de Monforte de Lemos, este luns tamén pasou por Sober, e pola tarde estará en Bóveda. As próximas datas e municipios que percorrerá ata o vindeiro 20 de xuño son os seguintes:
Martes, 7 de maio
Negueira de Muñiz -10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Ribeira de Piquín – 16.00 horas
Baleira – 17.30 horas
Mércores, 8 de maio
Láncara-10.30 horas
O Páramo– 12.30 horas
O Corgo– 16.00 horas
Luns, 13 de maio
Carballedo -10.30 horas
Chantada– 12.30 horas
Taboada– 16.00 horas
Martes, 14 de maio
Cospeito – 10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Abadín – 16.00 horas
Xoves, 16 de maio
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Trabada – 16.00 horas
Luns, 20 de maio
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas
Ourol – 17.30 horas
Martes, 21 de maio
O Incio -10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas
Xoves, 23 de maio
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas
Luns, 27 de maio
Begonte – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Friol – 16.00 horas
Mércores, 29 de maio
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá – 12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas
Luns, 3 de xuño
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas
Martes, 4 de xuño
Barreiros– 10.30 horas
Ribadeo -12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas
Xoves, 20 de xuño
Guntín – 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?