Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude de Lugo organiza un campionato de carreiras virtuais de condución con 800 euros en premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude de Lugo organiza un campionato de carreiras virtuais de condución con 800 euros en premios

S. P.
Publicado: 06/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_sim-racing.jpgA Área de Xuventude do Concello de Lugo que dirixe o edil Jorge Bustos organiza un campionato de carreiras virtuais de condución con 800 euros en premios para a mocidade lucense, a partir de 14 anos. Esta actividade enmárcase dentro do programa +xTi, programa co-financiado, polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidad e o Concello de Lugo. O campionato desenvolverase con formato de Simracing, vertente do deporte automobilístico que consiste en competir en carreiras de coches a través de simuladores realistas a través dunha combinación de hardware e software de alta calidade.
“Poñemos en marcha esta iniciativa co obxectivo de ofrecer alternativas de ocio atractivas e saudables aos mozos e mozas lucenses e contribuír, deste xeito, a evitar condutas ou hábitos perigosos no seu tempo libre como o consumo de alcohol ou outras substancias”, explicou Bustos.
O torneo celebrarase na Casa da Xuventude o venres 14 de xuño, das 16:30 ás 21:30 horas; o sábado, 15 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas; o venres 21 de xuño, de 16:30 a 21:30 horas; e o sábado 22 de xuño, día no que se disputarán as finais do campionato, das 11:00 ás 14:00 horas e das 16:30 ás 20:30 horas.
As inscricións, totalmente de balde, estarán abertas do 6 de maio ao 4 de xuño e as prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes. Para anotarse deberán formarse grupos de 5 persoas, integrados como mínimo por unha muller. Cada grupo deberá enviar o nome do colectivo e os datos dos seus membros ao correo simmaisxti@gmail.com
O primeiro equipo clasificado recibirá un premio de 450 euros; o segundo 250 euros e o terceiro e cuarto clasificado terán un premio de 50 euros. A competición realizarase a través dun simulador de rallies e circuítos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?