Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia arrinca este mércores con récord de participantes, máis de 5.400
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciencia arrinca este mércores con récord de participantes, máis de 5.400

S. P.
Publicado: 07/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia2-9.jpgA feira tecnolóxico-científica Galiciencia, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) desde o ano 2006 en colaboración coa Xunta e a FECYT, abre as súas portas este mércores 8 de maio ás 10.00 horas (ata o venres). Esta 19ª edición do encontro STEM para a rapazada e a mocidade galega, na que tamén se pode participar de xeito online, desenvólvese baixo a temática Mellor, de Madeira, un material que o Parque quere promover de xeito particular, en liña cos seus obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Con proxectos van participar preto de 300 rapaces e rapazas de 32 centros educativos diferentes. Por provincias, de Pontevedra hai 12 centros, de Ourense 7, da Coruña 7 e de Lugo 5; e, de fóra de Galicia, hai un centro de Barcelona. Asistirán á feira con visitas organizadas unhas 2150 persoas, tanto docentes como alumnos, de toda a comunidade.
Nesta edición presentáronse un total de 106 proxectos, dos que finalmente seleccionáronse 79, procedentes de centros educativos de toda a comunidade galega, ademais de Cataluña. De maneira presencial concorren 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP (que serán os que compitan polo premio final) e 29 de Primaria. De xeito online participan 20 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP. As diferentes actividades, tanto presenciais como en liña, aglutinarán este ano a máis de 5.400 participantes.
Durante estes tres días os equipos seleccionados para amosar os seus traballos científicos en Galiciencia exporanos nos postos da feira. Explicarán as súas propostas ao público visitante, ensinándolles os seus prototipos, experimentos e resultados. O primeiro premio está dotado con 1.000 euros para financiar a participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 €, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao. Pola súa parte, o equipo gañador do terceiro premio recibirá 200 € para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
galiciencia4-5.jpgAsí mesmo, premiarase a mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto englobado dentro da temática Mellor, de Madeira, así como o proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i (en liña co afán de Tecnópole de promoción do STEM feminino). Galardoarase tamén o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participen en liña.
Ademais do concurso de proxectos a feira compleméntase con accións que achegan a investigación aos máis novos “de xeito práctico e divertido”. Así, realizaranse obradoiros científicos, espectáculos de ciencia e concursos diversos. É o caso do concurso de fotografía a través de Instagram, dirixido tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. Os asistentes á feira mesmo terán a oportunidade de participar nun programa de radio.
O xoves celebrarase a final do Desafío Científico Mellor, de Madeira! Durante os últimos meses alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia participou nunha primeira fase online que constaba de tres retos. Os finalistas enfrontaranse agora nesta derradeira fase, que será presencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?