Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha máquina recreativa de madeira destaca nos premios Galiciencia 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha máquina recreativa de madeira destaca nos premios Galiciencia 2024

Redacción
Publicado: 10/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciencia_2024_ganhadores.jpgGaliciencia, a meirande feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), clausurou esta mañá a súa 19ª edición, baixo o lema Mellor, de Madeira. A súa finalidade é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Ao acto de clausura, no que se fixo entrega dos premios, asistiron a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, Alicia López; a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Novoa; a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa; o vicerreitor do Campus de Ourense, Javier Rodríguez; e o director xerente de Tecnópole, Javier Taibo. No transcurso do evento anunciouse a temática de Galiciencia 2025: Neurociencia e Saúde Mental.
galiciencia_2024_valoracion_popular.jpg Entre os galardóns entregados temos que salientar o premio do público, que foi para Ana Pita e Carlos Morán do IES de Ortigueira (A Coruña), que deseñaron e construíron con madeira unha máquina de videoxogos tipo Arcade, pioneira nos anos 80, e coa que xogan no centro no tempo de lecer. “Este proxecto permitiunos empregar diferentes técnicas de traballo coa madeira e afondar na montaxe de circuítos electrónicos pero tamén en competencia dixital e, o que é máis importante, en educación en valores porque, partindo dunha idea tola, fomos capaces de lograr moi bos resultados traballando en equipo con respecto e boa organización” – comentaron os responsables do proxecto.
galiciencia_2024_fotos_instagram.jpg Tamén se desenvolveu un concurso de fotografía a través de Instagram, do que resultou gañadora Aitana Sierra, alumna do Colexio Miraflores de Ourense, coa imaxe Os canastros da Merca, na que amosa o importante papel da madeira no mundo rural, a través dunha construción tan nosa como son os hórreos. Na categoría de docentes, a premiada foi Cristina Sabucedo, profesora do CPI Laureano Prieto da Gudiña (Ourense), coa instantánea Sen esquecer a tradición, unha homenaxe ao traballo artesanal dos carpinteiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?