Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O computador QMIO ábrese á comunidade científica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O computador QMIO ábrese á comunidade científica

Redacción
Publicado: 15/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20240515_qmio_01.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) coincidindo coa apertura á comunidade científica do uso do novo computador cuántico QMIO. O responsable do departamento de Ciencia da Xunta sinalou este paso como “un fito que vai atraer talento e investimentos e vai promover o liderado de Galicia no eido da computación cuántica”.
Neste sentido, destacou que a nosa Comunidade parte coa vantaxe de contar desde outubro co QMIO, o primeiro computador cuántico deste tipo instalado en España e o que conta con máis cúbits do Sur de Europa nunha institución pública. Esta infraestrutura supuxo un investimento por parte da Xunta de Galicia de case 14M€, como explicou o conselleiro, que estivo acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do director do CESGA, Lois Orosa.
“Trátase dun potentísimo recurso que hoxe poñemos a disposición do ecosistema de I+D+i, principalmente o galego pero tamén de toda España, e que vai repercutir nun beneficio para practicamente todos os sectores económicos”, explicou o conselleiro. Non en balde, a computación cuántica pode aplicarse á farmacoloxía, medicina, loxística ou química, polo que vai permitir descubrir novos medicamentos, crear novos algoritmos de diagnose de enfermidades, optimizar os procesos de produción ou descubrir novos materiais, entre outros logros.
“O novo protocolo de acceso ao QMIO vai redundar, polo tanto, nunha aceleración da economía de Galicia e na transferencia do coñecemento a aplicacións prácticas que van ter unha gran repercusión a nivel empresarial e social”, resaltou Román Rodríguez.
A iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, no que se levan investidos 30M€ e que xa xeraron unha trintena de empregos directos de alta cualificación en Galicia. De feito, espérase un incremento nos próximos anos debido a os proxectos que captarán os investigadores.

Protocolo de acceso

gnkimopwuaad1rg.jpgO QMIO será accesible de balde desde hoxe á investigación e desenvolvemento que se faga nas universidades, nos centros de investigación, centros tecnolóxicos e empresas, tanto a nivel de Galicia como nacional, fomentando a colaboración entre investigadores da nosa Comunidade e de toda España. De feito, con carácter xeral, os centros de investigación nacionais terán acceso na medida en que colaboren con entidades de investigación galegas.
Rexerase a través dun protocolo establece catro tipos de acceso: a través da Rede Española de Supercomputación (RES), acceso aberto, acceso reservado para o CESGA e acceso con fins educativos. O primeiro deles canalizarase a través dos protocolos da Rede Española de Supercomputación (RES) da que o CESGA é un nodo. Neste caso, o CESGA achegará o 20% do tempo dispoñible do ordenador cuántico á RES, quen asignaría os recursos a través dos protocolos definidos para tal efecto na RES.
No caso do acceso aberto, canalizarase a través dos trámites e convocatorias abertos polo propio CESGA. Dentro do tipo de acceso libre distínguense dous tipos de actividades, as de curto alcance (pequenos proxectos exploratorios ou probas) e as de medio e longo alcance (proxectos con necesidades grandes de recursos priorizados, con fins científicos específicos e preparados para a súa execución inmediata).
O terceiro tipo de acceso está reservado para o persoal do CESGA, que na actualidade conta cun grupo de investigación en Computación Cuántica composto por 11 persoas. En concreto poderá usarse para proxectos nos que participe o centro e para convenios específicos de colaboración con fins de investigación ou desenvolvemento tecnolóxico con outras institucións. Tamén se inclúen nesta categoría os proxectos de carácter estratéxico que considere.
Finalmente, o protocolo contempla o acceso para actividades educativas dirixidas á xeración de talento en computación cuántica realizadas por universidades galegas, centros de investigación galegos ou o CSIC, onde se dará prioridade a iniciativas que forman parte dos traballos fin de grao e fin de mestrado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?