Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Digital Pymes achegará ás empresas formación en transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña Digital Pymes achegará ás empresas formación en transformación dixital

Redacción
Publicado: 20/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240520_alcaldesa_salcines_coruna_digital_pymes_000.jpgA alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, presentou esta mañá o programa Coruña Digital Pymes, unha iniciativa que permitirá ás pequenas e medianas empresas locais recibir formación de balde en transformación dixital a partir do mes de setembro. No acto de presentación a rexedora estivo acompañada por Venancio Salcines, presidente do consello reitor de CESUGA e presidente de EF Business School. Até María Pita achegáronse representantes das asociacións empresariais da cidade e outros colectivos relacionados co sector privado.
Coruña Digital Pymes enmárcase no plan Generación Digital Pymes impulsado polo Ministerio para la Transformación Digital e está financiado con fondos europeos Next Generation. Na cidade, o Concello e CESUGA xestionarán o seu desenvolvemento.
20240520_alcaldesa_salcines_coruna_digital_pymes_005.jpg O programa ofrece unha mestura de coñecemento e liderado dixital que proporcionan as ferramentas dixitais adecuadas para lograr un mellor posicionamento do tecido empresarial no novo mercado. A formación, valorada en 14.000 euros, será gratuíta e está deseñada para equipos de dirección de pemes de entre 10 e 249 traballadores e traballadoras.
O curso será impartido, a partir do mes de setembro, por un equipo de profesionais expertos en activo no ámbito da transformación dixital. Consta de 146 horas docentes de metodoloxía práctica e personalizada, impartidas en formato mixto presencial e online, con mentorías e sesións específicas con casos prácticos de éxito. “A Coruña é o principal motor económico de Galicia e queremos que as súas pemes crezan estando ao día nos procesos de dixitalización”, indicou Inés Rey.
As empresas coruñesas interesadas en participar neste programa poderán formalizar a súa participación no proceso selectivo a través da páxina web da iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?