Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 12 investigadores da UDC, entre os mellores do mundo segundo Research.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

12 investigadores da UDC, entre os mellores do mundo segundo Research.com

Redacción
Publicado: 23/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2024_05_23_research.jpgA plataforma académica Research.com, que vén de publicar a clasificación de persoal investigador de maior nivel e proxección a nivel nacional e internacional, recoñecendo a 12 investigadores da UDC na súa listaxe: Christian Kennes, Carlos Platas e Miguel Maestro, todos eles do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, e Purificación López, investigadora egresada deste centro, na área de química; Amparo Alonso, Tiago M. Fernández; Paula Fraga e Verónica Bolón, todos vencellados ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC); no campo de ciencias da computación; Manuel López Vicente, en ciencias da terra, vencellado ao CICA; Francisco J. Blanco en medicina, ligado ao CICA e ao INIBIC; Federico Pomar en ciencia das plantas e agronomía, tamén vencellado ao CICA; e Antonio Valle en psicoloxía.
Research.com recolle información sobre os mellores centros de estudos, oportunidades académicas es as traxectorias profesionais que ofrece cada unha. Ademais, detalla unha serie de clasificacións onde se avalían a calidade das universidades e o persoal científico mellor valorado, dependendo da súa área.

Os investigadores do CITIC

citic_edificio-2.jpgNo ámbito das ciencias da computación Research recolle aos seguintes investigadores do CITIC:
– Amparo Alonso é catedrática de universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. As súas liñas de investigación actuais son o desenvolvemento de modelos de Aprendizaxe Máquina Escalables, a Intelixencia Artificial Responsable e Sostible, e o modelado baseado en axentes intelixentes para a sustentabilidade de procesos, entre outros.
– Tiago M. Fernández é investigador permanente do CITIC e profesor titular de Universidade na área de Tecnoloxía Electrónica na UDC, onde obtivo o título de Enxeñeiro en Informática e Doutor Enxeñeiro en Informática. Desde 2005 traballa no Departamento de Enxeñería de Computadores da UDC. En termos de investigación, as súas liñas actuais inclúen as diferentes tecnoloxías relacionadas cos sistemas IoT/IIoT, os UAVs, o Edge Computing, a Realidade Estendida, así como outras tecnoloxías relacionadas cos paradigmas da Industria 4.0 e 5.0.
– Paula Fraga é investigadora do CITIC e profesora na Universidade da Coruña. Desde 2009, traballa co Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC), pertencente ao Departamento de Enxeñería Informática da UDC. Participou en máis de 40 proxectos de investigación financiados polo goberno rexional e nacional, así como en contratos de I+D con empresas privadas como ADIF, Siemens, Indra Sistemas ou Navantia, analizando escenarios de misión crítica (seguridade pública, defensa e infraestruturas críticas). A súa investigación céntrase en tecnoloxías da Industria 4.0, especificamente sistemas ciberfísicos, IoT, realidade estendida, blockchain e ciberseguridade.
– Verónica Bolón é profesora titular de Universidade no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC e investigadora no CITIC. Actualmente traballa en temas de investigación relacionados con varias áreas da Intelixencia Artificial, especialmente en algoritmos verdes. Cabe destacar a súa aposta polo fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, participando en numerosas actividades de divulgación e coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?