Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: cREAgal achegará materiais dixitais educativos en aberto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

cREAgal achegará materiais dixitais educativos en aberto

Redacción
Publicado: 28/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

240528_creagal_02x.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do proxecto cREAgal, a nova iniciativa da Xunta para impulsar o ensino híbrido nas aulas a través de materiais dixitais adaptados aos currículos galegos, flexibles e inclusivos, que poderá a empregarse voluntariamente nas aulas dixitais de todos os centros galegos de Primaria e ESO a partir do vindeiro curso 2024/25.
cREAgal é o proxecto a través do que a Xunta vai poñer a disposición de todas as aulas virtuais dos centros galegos recursos educativos gratuítos en aberto deseñados, baixo unha coordinación común, por máis dun cento de docentes. Deste xeito, a iniciativa galega é a única na que estes recursos están directamente vencellados aos currículos e cobren todas as áreas e materias.
Os materiais, que se poderán empregar a partir do vindeiro curso 2024/25, proporciónanse cunha licenza aberta, que permite a súa reutilización, modificación e adaptación ao contexto de cada aula, alumno e centro, o que os fai completamente universais e personalizables. Ademais, o proxecto incide na inclusión, de modo que todos os recursos son accesibles e pensados para adaptalos á atención á diversidade.
20240528_edu_0r.mp4_snapshot_00.52.719.jpg O acto de presentación contou cunha breve contextualización do proxecto por parte da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e incluíu a presentación técnica de cREAgal a cargo dos asesores encargados da mesma. Así mesmo, os docentes coordinadores do grupo de traballo que elaborou os contidos relativos á materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO amosaron como exemplo varios dos recursos que van estar dispoñibles ao abeiro desta iniciativa.
O titular do departamento educativo da Xunta fixo fincapé en que unha educación de calidade “non pode permanecer allea aos avances tecnolóxicos propios da nosa sociedade”. Neste sentido, explicou que o labor do ensino “é educar no uso das ferramentas tecnolóxicas para que se convertan en recursos ao servizo dunha educación de calidade, que facilite o desenvolvemento das competencias dixitais”, tal e como establecen a Unión Europea e as leis estatais. “O proxecto cREAgal é unha nova oportunidade para empregar material dixital de alta calidade como valor engadido no entorno educativo”, destacou.
Os recursos que forman cREAgal non compoñen en si un temario, senón que se trata de situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto que o alumno debe alcanzar a través do desenvolvemento dunhas actividades concretas. Cada un dos recursos vai acompañado dunha guía didáctica na que se detallan os elementos do currículo que se abordan, así como os criterios de avaliación das competencias que se traballan.
A Xunta comezou a traballar neste proxecto no curso 2022-23 co deseño das bases piloto dos recursos educativos en aberto. Ao longo do vindeiro curso 2024/25 estarán dispoñibles materiais para 5º e 6ª de Primaria, de 1º de ESO e de parte das materias de 2º curso desta mesma etapa. Os contidos iranse implementando paulatinamente ata 4º curso de ESO (xa que os dous últimos cursos de Primaria e a etapa de Secundaria é cando o alumnado galego comeza a empregar recursos didácticos dixitais con carácter xeral). Os materiais poranse a disposición dos centros educativos para o seu uso voluntario e responden á mellora dos contidos dixitais solicitada pola comunidade escolar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?