Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destina 38 millóns de euros á rede de telecomunciacións do SERGAS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destina 38 millóns de euros á rede de telecomunciacións do SERGAS

Redacción
Publicado: 03/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación centralizada, para os vindeiros 3 anos, do servizo da rede de telecomunicacións da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde por un importe total de licitación de 38.156.382 euros.
Esta rede de telecomunicacións é hoxe en día unha ferramenta básica na prestación de servizos sanitarios e nas comunicacións coa cidadanía. Así, o novo contrato dividirase en cinco lotes: rede de datos, voz e móbil; acceso á internet; mantemento do equipamento hardware; xestión e transformación de rede, e servizo de operacións de ciberseguridade.
A esta rede de conexión de datos e de comunicacións de voz están conectadas máis de 40.000 usuarios e máis de 24.000 ordenadores en 642 centros, ademais de servizos que precisan acceso en mobilidade como ambulancias, unidades móbiles de doazón de sangue ou equipos de hospitalización a domicilio.
O ano pasado foron xestionadas 32 millóns de citas de atención primaria, 11 millóns de citas de atención hospitalaria, 71 millóns de receitas dispensadas electronicamente e 30 millóns de visitas á páxina web do Servizo Galego de Saúde. Inclúese neste servizo o envío de sms, estimándose o envío de case 38 millóns mensaxes nos próximos 3 anos, cos que se facilita a comunicación coa cidadanía en campañas tan relevantes como as relacionadas co calendario de vacinación.
Con este contrato, faise posible o acceso á historia clínica electrónica, imaxe médica ou a receita electrónica. Desta forma, a Xunta contribúe á simplificación do traballo do persoal da sanidade pública galega grazas ás tecnoloxías da información.
O Servizo Galego de Saúde conta tamén con servizos antispam e para evitar tráfico ilexítimo que pretenda saturar o sistema.
O novo contrato inclúe aumentos e melloras, tanto en capacidade de rede como en seguridade debido ao crecemento en volume dos datos manexados, aos novos sistemas de información conectados e aos riscos cada vez maiores no que atinxe á ciberseguridade. Ademais, permite aforros como a inclusión dun 5 % de liñas para centros novos sen custo adicional, como a telefonía precisa para o Novo Hospital de Montecelo e o novo edificio hospitalario de Ourense.

Creación dun centro de ciberseguridade do Servizo Galego de Saúde

Este contrato avaliado hoxe no Consello da Xunta, recolle como novidades a creación dun servizo de transformación de rede para atender novas demandas e dun centro de operacións de ciberseguridade para mellorar a prevención e detección de ameazas informáticas.
En concreto, o novo servizo de transformación da rede dará soporte a sistemas que faciliten a transformación dixital da sanidade galega con proxectos de Big Data, intelixencia artificial ou a integración de dispositivos médicos conectados á internet. Deste xeito, mellorarase o procesamento e depuración dos datos para obter coñecemento e toma de decisións no ámbito do Servizo Galego de Saúde e optimizaranse procesos asistenciais e de interacción co paciente.
Coa creación dun centro de operacións de ciberseguridade o Servizo Galego de Saúde contará cun centro de alerta das ameazas de seguridade que potencialmente afecten á plataforma sanitaria e daráselles resposta rapidamente. O centro é un servizo baseado en intelixencia artificial co que se dará cumprimento aos requisitos da certificación de nivel alta que a sanidade pública galega conseguiu do Esquema nacional de seguridade. Este centro prestará servizos de prevención (ampliando o coñecemento respecto das vulnerabilidades da entidade, tanto técnicas como humanas), protección (aplicando medidas de bloqueo para impedir ou limitar os ciberataques), detección (observando todo o que ocorre na entidade para buscar as ameazas existentes) e resposta (actuando ante os ciberincidentes para minimizar o impacto sobre a entidade).
Ambos os dous proxectos están cofinanciados pola Unión Europea, a través do programa FEDER de Galicia 2021-2027.
Ademais, o contrato prevé seguir xestionando os centros de proceso de datos que o Servizo Galego de Saúde ten en Conxo e na Cidade da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?