Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase a primeira edición de The Exponential Fellowship
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase a primeira edición de The Exponential Fellowship

Redacción
Publicado: 05/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

theexponentialfellowship-02.jpgA Fundación Barrié e a Asociación The Exponential Fellowship asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento da 1ª edición do programa The Exponential Fellowship, que ten por obxecto proporcionar a un máximo de 6 titulados universitarios a oportunidade de adquirir experiencia profesional como enxeñeiros de software de nivel inicial en startups de alto crecemento nos Estados Unidos durante 12-18 meses.
theexponentialfellowship-06.jpg Ao acto de sinatura do convenio acudiron a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias Romero, o presidente da Asociación The Exponential Fellowship e bolseiro de posgrao da Fundación, Ignacio Moreno Pubul e o vicepresidente da Asociación, Domènec Melé Casas.
O obxectivo do programa é conectar o talento galego con focos mundiais de emprendemento e innovación (como Silicon Valley ou Nova York) proporcionando experiencias nun entorno creativo e colaborativo que permitan á próxima xeración de emprendedores enfrontarse a desafíos, explorar oportunidades e inspirarse en historias de éxito.
theexponentialfellowship-03.jpg En palabras de Carmen Arias, directora da Fundación Barrié, «con este programa, a Fundación cumpre un dobre obxectivo: por un lado, contribuír ao desenvolvemento do talento galego e, por outro, fomentar a implicación dos seus antigos bolseiros co desenvolvemento de Galicia»”
O presidente da Asociación, Ignacio Moreno, apuntou que «a calidade do talento que temos en Galicia e en España é impresionante e queremos que teña as oportunidades que merece. O noso obxectivo é levar este talento aos epicentros de innovación mundiais, para que eleven as súas aspiracións e se formen para construír o futuro do software en España”.

Contidos
  • Proxectos emprendedores participantes
  • A convocatoria

Proxectos emprendedores participantes

theexponentialfellowship-01.jpg As startups participantes nesta 1ª edición, ás que se irán sumando progresivamente máis empresas de referencia son:
– Antimetal: Fundada en Nova York en 2022, Antimetal é un provedor cloud de optimización de custos que axuda ás empresas a maximizar os seus aforros con intelixencia artificial.
– BlockTower: Fundada en Nova York en 2020, BlockTower é unha organización dedicada ao investimento en tecnoloxía blockchain e outras startups en fase temperá.
– Clay: Fundada en 2017, Nova York, Clay desenvolve un software que permite deseñar e escalar campañas de vendas enriquecidas con datos.
– Freepik: Fundada en 2010 en Málaga, Freepik é unha das empresas líderes en recursos audiovisuais e fotográficos para deseñadores. Está apostando fortemente pola IA xerativa.
– Happyrobot: Fundada en 2022 en San Francisco, Happyrobot ofrece solucións de voz mediante a aplicación de IA, co obxectivo de establecer unha conexión o máis humana posible cos clientes.
– Krea: Fundada en 2022 en San Francisco, Krea ofrece unha ferramenta profesional de deseño gráfico controlada con intelixencia artificial xerativa.
– Pumpkinseed: Fundada en 2022 en San Francisco, Pumpkinseed combina fotónica do silicio e machine learning coa bioquímica para a secuenciación de proteínas.
– Stack AI: Fundada en 2022, San Francisco, Stack AI ofrece unha plataforma de automatización de fluxos de traballo con IA.
Os fundadores teñen un longo percorrido no mundo do emprendemento tecnolóxico e están enfocados en formar á próxima xeración, polo que a bolsa ofrece un entorno idóneo para afondar no sector, construír unha potente rede de contactos e experimentar un crecemento profesional exponencial.

A convocatoria

theexponentialfellowship-11.jpg A convocatoria está dirixida a titulados universitarios con nacionalidade española e vinculados a Galicia en disciplinas técnicas, tales como: Estatística, Enxeñaría aeronáutica, Intelixencia artificial, Enxeñaría civil, Enxeñaría eléctrica, Enxeñaría electrónica, Enxeñaría de datos, Enxeñaría industrial, Enxeñaría informática, Enxeñaría mecánica, Enxeñaría mecatrónica, Enxeñaría de sistemas, Enxeñaría de software, Enxeñaría de telecomunicacións eMatemáticas.
Os candidatos seleccionados serán contratados como enxeñeiros de software de nivel inicial, durante 12-18 meses. A remuneración bruta anual oscila entre os 80.000 e os 150.000 dólares. Ademais, a dotación económica da bolsa inclúe, entre outros, os seguintes conceptos: asignación monetaria por importe de 1.500 euros en concepto de viaxe, tramitación do visado J-1 e seguro médico.
Entre os beneficios do programa, atópase a inmersión total no sector do emprendemento tecnolóxico internacional, o asesoramento e acompañamento por parte dunha rede de mentores e profesionais expertos do sector, e o acceso a unha comunidade activa que promove a colaboración, o intercambio de ideas e o soporte entre os seus membros a través de eventos, seminarios e encontros de networking.
Os interesados en participar no programa poden presentar solicitudes sen prazo determinado, aceptándose de xeito continuo durante todo o ano, ata cubrir as prazas convocadas. O período previo de contratación será de entre 3 meses e un ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?