Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nokia fai unha videochamada móbil con audio inmersivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nokia fai unha videochamada móbil con audio inmersivo

Redacción
Publicado: 10/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nokia_448091617_861066626055277_7350393826960071777_n.jpgNokia anunciou a realización da primeira chamada con audio inmersivo sobre unha rede móbil. Pekka Lundmark, presidente e director xeral de Nokia, realizou unha videochamada con audio inmersivo en directo con Stefan Lindström, embaixador de Dixitalización e Novas Tecnoloxías de Finlandia.
A chamada foi posible grazas á nova tecnoloxía do codec de Servizos de Voz e Audio Inmersivos (IVAS), que forma parte do próximo estándar 5G Advanced. O codec IVAS permite aos consumidores escoitar o son espacialmente en tempo real, en vez da experiencia de chamada de voz monofónica dos smartphones de hoxe en día. Lundmark demostrou as dimensións acústicas distintivas que se poden experimentar coa nova tecnoloxía IVAS a Lindström mentres o chamaba desde o campus de Nokia en Espoo.
Pekka Lundmark considera que esta tecnoloxía é «o futuro das chamadas de voz. Esta innovadora tecnoloxía de audio lévate ao entorno do interlocutor, creando unha experiencia de escoita espacial e mellorada masivamente para chamadas de voz e vídeo, ofrecendo beneficios significativos para aplicacións empresariais e industriais».
A tecnoloxía do codec de Servizos de Voz e Audio Inmersivos (IVAS) permite audio espacial en directo en calquera dispositivo conectado (por exemplo, smartphones, tabletas ou ordenadores), reunindo ás persoas para unha interacción real con son tridimensional.
O estándar do codec 3GPP IVAS foi desenvolvido por un consorcio de 13 empresas baixo o marco da colaboración pública do codec IVAS. Nokia foi líder nestes esforzos de estandarización e contribuíu con partes importantes da tecnoloxía ao estándar, incluíndo o desenvolvemento dun formato específico para smartphones para o estándar IVAS. Incluír esta innovación nun estándar mundial é clave para permitir a interoperabilidade entre operadores, fabricantes de chipset e dispositivos, facendo a comunicación espacial dispoñible para todos.
Nokia foi capaz de demostrar con éxito a tecnoloxía IVAS nunha chamada en tempo real aínda que a tecnoloxía aínda non foi implementada nas redes móbiles. Esta primeira chamada en directo usou a tecnoloxía de Voz Inmersiva propietaria de Nokia para lograr a experiencia sobre unha rede pública 5G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?