Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O volume de exportacións do hiperserctor TIC galego supera os 120 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O volume de exportacións do hiperserctor TIC galego supera os 120 millóns de euros

Redacción
Publicado: 10/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Hipersector TIC galego, integrado polo sector TIC e o sector de contidos, realizou exportacións en 2022 por valor de máis de 120 millóns de euros, 12 millóns de euros máis que o ano anterior e o valor máis elevado desde 2017. Ademais, o valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC que creceu un 1,4% no último ano e supera así, por primeira vez, a barreira dos dous mil millóns de euros.
Así se recolle no estudo “Galicia dixital. O Hipesector TiC en Galicia”, que recolle datos de 2022 e 2023 e que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
O estudo sinala que o Hipersector TIC pechou o ano 2023 con 28.556 traballadores, o que supón un incremento do 4,7% respecto ao ano anterior. O aumento máis elevado do emprego rexistrouse no sector tecnolóxico, que conta actualmente con 22.932 traballadores, aumentando nun 5,2% no último ano. O sector contidos crece un 2,9% e acada os 5.624 traballadores.
No 2023, a porcentaxe de mulleres empregadas no Hipersector TIC foi do 33,4%, un 6,1% máis que o ano anterior. Por terceiro ano consecutivo, crece máis o emprego feminino ca o masculino.
O número de empresas do Hipersector TIC mantén o ritmo de crecemento e en 2023 acadou as 4.170, das cales que o 75,3% pertencen ao sector TIC e o 24,7% ao de contidos. O crecemento no número de empresas no Hipersector é sostido nos últimos anos, acumulando un aumento dun 13,8% dende o 2018.
No período 2020-2022 o Hipersector TIC, investiu preto de 165 millóns de euros en innovación, 46 millóns de euros máis que o período anterior e supón o 20% do total do gasto en innovación das empresas de Galicia.
Respecto ao tipo de actividade innovadora, o 45,8% das medianas e grandes empresas do Hipersector TIC sinala ter realizado, principalmente innovacións de produto (84,5%) e tecnolóxicas de procesos (88,7%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?