Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O modelo de pagamento ou consentimento de Meta está contra as cordas en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O modelo de pagamento ou consentimento de Meta está contra as cordas en Europa

Redacción
Publicado: 22/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bandeiras_europeas.jpgHai poucas semanas a Comisión Europea anunciou que entendía que Meta incumpría a Lei de Mercados Dixitais co seu modelo de pagamento ou consentimento que forzaba aos usuarios a consentir o tratamento dos seus datos se querían acceder a Facebook ou a Instagram sen ter que pagar, cando a lexislación obriga a que exista unha alternativa aos servizos cun menor nivel de personalización sen facer unha captación de datos persoais non autorizada.
Afondando nesta liña a Rede de Cooperación para a Protección dos Consumidores (CPC) enviou hoxe unha carta a raíz da preocupación de que o modelo de pagamento ou consentimento de Meta puidera infrinxir a lexislación da UE en materia de protección dos consumidores. A Comisión coordinou esta acción, dirixida pola Dirección Xeral francesa de Competencia, Consumo e Prevención de Fraudes.
As autoridades de protección dos consumidores avaliaron varios elementos que poderían constituír prácticas enganosas ou agresivas, en particular se Meta proporcionou previamente aos consumidores información veraz, clara e suficiente. Analizaron se esta información permitía aos consumidores comprender as implicacións da súa decisión de pagar ou aceptar o tratamento dos seus datos persoais con fins comerciais nos seus dereitos como consumidores. Ademais, as autoridades CPC amosan a súa preocupación pola posible exposición de moitos consumidores a presións indebidas para elixir rapidamente entre os dous modelos, por temor a perder inmediatamente o acceso ás súas contas e á súa rede de contactos.
Esta acción coordinada pola rede CPC contra Meta súmase a outros procedementos nacionais e da UE en curso relacionados co mesmo modelo. A acción de hoxe céntrase especificamente na avaliación das prácticas de Meta en virtude do Dereito da UE en materia de protección dos consumidores e é distinta das investigacións en curso contra a empresa por parte da Comisión polo seu modelo de pagamento ou consentimento, a solicitude formal de información da Comisión en virtude da Lei de Servizos Dixitais e a avaliación por parte da Comisión de Protección de Datos irlandesa en virtude do Regulamento Xeral de Protección de Datos.
As autoridades de CPC identificaron varias prácticas no contexto da despregadura por parte de Meta do seu novo modelo de negocio que suscitan preocupación e poderían considerarse desleais e contrarias á Directiva sobre as prácticas comerciais desleais e á Directiva sobre cláusulas contratuais abusivas:
– Inducir a erro aos consumidores utilizando o termo gratuíto, cando Meta esixe que os usuarios que non desexen pagar a subscrición acepten que Meta poida obter ingresos polo uso dos seus datos persoais para mostrarlles anuncios personalizados;
– Confundir aos usuarios obrigándoos a navegar a través de diferentes pantallas da aplicación ou a versión web de Facebook/Instagram e a que fagan clic en ligazóns que os dirixan a diferentes partes das condicións de servizo ou da política de privacidade para coñecer como Meta utilizará as súas preferencias, os seus datos persoais e os datos xerados polos usuarios para mostrarlles anuncios personalizados;
– Utilizar termos e linguaxe imprecisos, como a túa información para referirse aos datos persoais dos consumidores ou suxerir que os consumidores que decidan pagar non verán ningún anuncio, cando si que poderían seguir vendo anuncios cando interactúen con contidos compartidos a través de Facebook ou Instagram por outros membros da plataforma;
– Presionar aos consumidores que sempre utilizaron Facebook/Instagram de forma gratuíta e para os que Facebook/Instagram adoitan constituír unha parte significativa das súas vidas e interaccións sociais para que tomen unha decisión inmediata, sen darlles un aviso previo, tempo suficiente e unha oportunidade real de avaliar de que maneira esta elección podería afectar á súa relación contractual con Meta, ao non permitirlles acceder ás súas contas antes de tomar unha decisión.
Meta ten agora ata o 1 de setembro de 2024 para responder á carta da rede CPC e a Comisión e propoñer solucións. Se Meta non adoptara as medidas necesarias para disipar as preocupacións xurdidas, as autoridades de CPC poden decidir adoptar medidas coercitivas, incluídas sancións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?