Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare Solutions aproxímase cara á súa incorporación a BME Growth
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare Solutions aproxímase cara á súa incorporación a BME Growth

S. P.
Publicado: 01/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

optare_bme.jpgA firma galega Optare Solutions, consultora referente en servizos de enxeñería especializada no mercado das telecomunicacións, continúa dando pasos no seu proceso de incorporación ao mercado BME Growth, tras completar con éxito dúas ampliacións de capital que reafirmaron o interese tanto do seu persoal como de persoas investidoras externas. “Estes fitos”, explicaron dende Optare nesta recta final de setembro, “achégannos á nosa esperada saída a Bolsa, nun contexto de forte respaldo tanto do equipo como do mercado”.
A primeira ampliación de capital, de 200.000€ e dirixida exclusivamente ao persoal, ofreceu a posibilidade de adquirir accións cun desconto do 10% sobre o prezo de saída. Co obxectivo de “garantir a participación de todas as persoas interesadas”, estableceuse un sistema de repartición que, debido á alta demanda, limitou a cantidade de accións que algunhas persoas puideron adquirir nesta primeira fase. “Isto”, engadiron dende Optare, “permitiu unha maior participación interna no proxecto, aínda que algúns participantes tiveron que recorrer á segunda ampliación de capital para complementar o seu investimento inicial”.
A segunda ampliación, orientada a persoas investidoras externas, buscaba recadar 1,8 millóns de euros. A resposta foi en palabras da empresa “contundente”, xa que “as solicitudes alcanzaron os 2,7 millóns de euros, superando amplamente as expectativas iniciais”, o que reflicte a confianza do mercado “na solidez do noso plan de crecemento e nas oportunidades que ofrece a nosa vindeira cotización”, sinalou Optare Solutions, engadindo que “a incorporación a BME Growth representa un paso estratéxico clave para a compañía, orientado a acelerar a nosa expansión internacional e reforzar a nosa capacidade operativa nos sectores nos que xa somos referentes, e permitíndonos tamén incrementar a visibilidade e dotarnos de novas ferramentas para seguir liderando nunha contorna cada vez máis competitiva e en constante evolución”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?