Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC resolve o certame de subtitulado de vídeos científicos ao galego TraduceTED
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC resolve o certame de subtitulado de vídeos científicos ao galego TraduceTED

S. P.
Publicado: 11/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traduce_ted.jpgA USC resolveu a décima edición do certame #traduceTED2024 para recoñecer a calidade da subtitulado ao galego de charlas e vídeos TED de divulgación científica. Paola Costa Villanueva, polos subtítulos En busca da materia invisible que forma o universo, elaborados para o vídeo The search for the invisible matter that shapes the universe, de Chanda Prescod-Weinstein, obtivo o primeiro premio na modalidade A, dirixida á comunidade universitaria.
Pola súa parte, María Suárez Seijas, polos subtítulos Unha sinxela pregunta que podería mellorar a saúde das mulleres, elaborados para a peza 1 simple question that could improve women”s health, de Meryam Sugulle, acadou o primeiro posto na categoría para participantes que non pertencen á USC (modalidade B). Cada unha das gañadoras, recibirá un premio de 300 euros.
Na modalidade A, tamén resultou novamente premiada Paola Costa Villanueva, que obtivo o segundo premio nesta categoría polos subtítulos As matemáticas poden axudar a revelar as incógnitas do cancro?, elaborados para o vídeo Math can help uncover cancer”s secrets, de Irina Kareva. Este premio está dotado con 250 euros. Finalmente, o terceiro galardón da modalidade centrada na comunidade da USC, dotado con 200 euros, recaeu en Rosa María Peña Crecente, polos subtítulos Por que non se pode meter metal no microondas?, elaborados para o vídeo Why can”t you put metal in a microwave?, de Aaron Slepkov.
No marco da categoría dirixida a participantes alleos á USC, resultou premiado co segundo galardón de 250 euros, Diego Rodríguez Vila, polos subtítulos de Un plan audaz para renaturalizar a Terra a escala masiva, elaborados para o vídeo A bold plan to rewild the Earth — at massive scale, de Kristine McDivitt Tompkins.
Máis información sobre a décima edición do certame e as anteriores na web do concurso.
A orixe desta iniciativa está no concurso #TEDSaúde, impulsado hai oito anos polo Servizo de Normalización Lingüística da USC para promover o subtitulado en galego de charlas e vídeos TED de ciencias da saúde, que ampliou a proposta, co gallo da décima edición, ao lexendado de vídeos TED de divulgación científica en calquera ámbito, cambiándolle o título a #traduceTED.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?