Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alba Meijide mostrou no CITIC como empregar a IA para avanzarmos en sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alba Meijide mostrou no CITIC como empregar a IA para avanzarmos en sustentabilidade

S. P.
Publicado: 11/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_alba_meijide_inditex.jpgO CITIC da UDC acolleu este martes, 10 de decembro, a conferencia da consultora e deseñadora de proxectos Alba Meijide titulada Innovación Responsable, na que abordou como as ferramentas da Intelixencia Artificial poden converterse en recursos útiles para avanzar cara a un futuro sostible. A través de dous exemplos prácticos, explicou como o deseño eficiente de sistemas de IA permite combinar sustentabilidade e eficiencia na utilización dos recursos dos que dispoñemos.
No primeiro exemplo, cun enfoque técnico, destacou a importancia de desenvolver modelos sostibles de IA. Meijide fixo fincapé na necesidade de implantar sistemas eficientes que substitúan procesos altamente enerxéticos. Para ilustralo, presentou un proxecto de xestión de localizacións de rodaxe. A IA aplicada neste caso permite optimizar a busca de diferentes escenarios mediante un mapa interactivo que tamén inclúe información sobre hoteis, empresas de catering e outros servizos relevantes para a produción. Este sistema emprega redes neuronais convolucionais, deseñadas especificamente para traballar con imaxes, e optimiza o consumo enerxético durante o proceso de adestramento dos modelos.
citic_alba_meijide_inditex_2.jpg No segundo exemplo, partindo dun enfoque creativo, explicou como os proxectos baseados en IA poden optimizar procesos e reducir o consumo de recursos, abrindo novas posibilidades en sectores diversos.
Entre as conclusións, destacou que a IA xenerativa representa “un desafío pola súa elevada esixencia computacional, pero tamén unha oportunidade se se toman decisións técnicas axeitadas no deseño dos sistemas”. Subliñou a importancia de “avaliar e elixir modelos de IA eficientes, con independencia da súa aplicación, para garantir a sustentabilidade e maximizar o impacto positivo”.
Esta conferencia, enmárcase na actividade organizada pola Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes, que ten como obxectivo promover a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento no ámbito da IA e dos algoritmos verdes co fin de contribuír ao desenvolvemento sostible e á protección do medio ambiente.
Alba Meijide, licenciada en Intelixencia Artificial pola University of Manchester, conta cunha ampla experiencia no deseño de solucións baseadas en IA aplicadas a diversos sectores, como a medicina, as ciencias da saúde, os efectos visuais, a animación, o turismo e o ámbito legal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?