Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant lidera o ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant lidera o ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas en España

S. P.
Publicado: 11/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_quorum.jpgO centro tecnolóxico galego Gradiant, xunto a Fujitsu, a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Fidesol, Itecam, QCentroid e Qilimanjaro, confirmou a súa adhesión ao proxecto QUORUM, co obxectivo de crear unha contorna colaborativa para fomentar a innovación no campo cuántico en España e situar o Estado na vangarda das tecnoloxías do futuro.
O Centro Tecnolóxico Gradiant desempeñará un papel crucial na investigación e o desenvolvemento de aplicacións cuánticas, enfocándose na transferencia de coñecemento e na creación de contido formativo accesible para diversos sectores industriais. O centro vigués, de feito, lidera lidera o ecosistema de innovación QUORUM, financiado polo CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación), cuxo obxectivo é “crear unha contorna colaborativa entre as diversas entidades participantes para fomentar a innovación no eido cuántico, desenvolvendo novas solucións tecnolóxicas que poidan aplicarse de maneira práctica en diferentes sectores”.
Este proxecto, segundo explican fontes de Gradiant, “busca xerar coñecemento, transferir tecnoloxía, desenvolver talento, crear empresas innovadoras e identificar casos de uso no ámbito da computación cuántica”.
O consorcio de QUORUM está composto por entidades clave no ámbito da tecnoloxía, a investigación e a innovación, coa finalidade de crear unha contorna colaborativa e multidisciplinar que favoreza o desenvolvemento da computación cuántica en España.
Gradiant engade ademais que este proxecto contribuirá tamén á consolidación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, a iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para posicionar á nosa Comunidade como un referente internacional nestas tecnoloxías no horizonte do 2030.
Entre as principais liñas de traballo de Gradiant no marco de QUORUM destacan a investigación e o desenvolvemento de aplicacións cuánticas, así como a creación de contido formativo accesible para diversos sectores industriais. O centro tecnolóxico galego tamén desempeñará un rol principal na posta en marcha dunha estratexia de comunicación que promova os avances e resultados do proxecto a nivel nacional e internacional.
O proxecto QUORUM enmárcase nos Convocatoria Ecosistemas Innovación do CDTI e conta co financiamento dos fondos europeos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?