Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco comparte as vantaxes que debemos coñecer sobre a hiperautomatización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco comparte as vantaxes que debemos coñecer sobre a hiperautomatización

S. P.
Publicado: 11/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seresco_automatizacion.jpgA empresa tecnolóxica Seresco, con sedes en cidades como Oviedo (sede central), Madrid ou Vigo, quixo compartir con nós, nesta recta final de ano, unha serie de claves sobre as vantaxes de hiperautomatizar os procesos internos das nosas empresas, unha nova aposta de transformación que facilita a toma de decisións e a eficiencia ao prescindir do traballo manual en tarefas sinxelas e repetitivas. Tamén nos axuda a reducir a marxe de erro e a axilización de procesos.

Fontes de Seresco explican que “a chegada de solucións disruptivas, como a Intelixencia Artificial, propiciou un cambio de paradigma na xestión empresarial, que permite automatizar accións rutineiras para mellorar o rendemento e a eficiencia”. Seguindo este fío e indo un paso máis alá, xorde o concepto de hiperautomatización como sistematización de todos os procesos dunha compañía de inicio a fin.

No seu informe, Seresco trae a colación un estudo de Strand Partners, onde se fai saber que máis do 91% das empresas españolas recoñece o papel fundamental da tecnoloxía nos seus obxectivos de crecemento a cinco anos, que o 36% xa a adoptou no seu sistema de traballo e que o 72% afirma que a decisión tivo un impacto positivo nos seus ingresos. Con todo, explica a empresa asturiana, “a pesar deste aumento xeneralizado da conciencia sobre a importancia da tecnoloxía, tan só unha pequena parte das compañías españolas incorporou a automatización en todas as fases do seu proceso produtivo”.

Para concienciar sobre os beneficios da adopción da hiperautomatización, os expertos de Seresco elaboraron un decálogo no que se recollen as 5 vantaxes de implementar a hiperautomatización nos procesos das empresas:

  • Aumento da eficiencia: a hiperautomatización combina tecnoloxías avanzadas como a Intelixencia Artificial e a aprendizaxe automática para optimizar fluxos de traballo complexos. A incorporación destas tecnoloxías aumenta de xeito significativo a produtividade e a eficiencia xeral da empresa. A modo de exemplo, en procesos de nómina, os sistemas automáticos permiten o procesamento dos pagos, tendo en conta datos como as horas traballadas, deducións, bonificacións e outros factores sen intervención manual.

  • Redución da marxe de erro: os sistemas automatizados seguen regras precisas e consistentes. Por iso, son capaces de procesar grandes cantidades de datos cunha exactitude superior ás capacidades humanas, especialmente en tarefas repetitivas e complexas. Por exemplo, unha compañía pode sacar proveito desta solución ao revisar miles de transaccións en segundos e detectar anomalías que poderían pasar desapercibidas á vista.

  • Axilización de procesos: delegar as actividades repetitivas á automatización permite a execución rápida e fluída de procedementos complexos, o que resulta nunha maior velocidade de operación, así como tempos de resposta máis curtos, permitindo que o funcionamento interno poida fluír con maior rapidez. Como exemplo, na xestión de consultas internas, o departamento de Recursos Humanos pode optar por un sistema automatizado para resolver problemas comúns de maneira automática e redirixir a un traballador cando sexa necesario.

  • Mellora na toma de decisións: a hiperautomatización permite recompilar, procesar e analizar grandes cantidades de datos en tempo real, proporcionando solucións precisas a partir dunha visión holística e actualizada do negocio. Ao integrar información de todas as partes do ciclo produtivo, os responsables empresariais poden tomar decisións baseadas en evidencias sólidas. Por exemplo, en procesos de contratación, os sistemas automatizados poden seleccionar os candidatos máis adecuados para unha vacante en base ao currículo.

  • Redución de custos: a pesar de que o investimento inicial adoita ser substancial, automatizar tarefas repetitivas e optimizar procesos permite reducir o gasto operativo. Isto lógrase a través da diminución de erros custosos e a mellora na asignación de recursos, o que se traduce en aforros significativos a longo prazo. Podemos velo reflectido na optimización das cargas de traballo, podendo identificar se os traballadores existentes están ben aproveitados ou se é necesario ampliar o persoal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?