Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

S. P.
Publicado: 11/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rag_palabra_do_ano_2024.jpgDende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren a fase da votación popular que decidirá cal é a Palabra do Ano 2024. Neste ano as elixidas son: aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu ou miña.
Estes son os vocábulos finalistas que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses. A votación telemática permanecerá aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro a través do Portal das Palabras.
A xeito de curiosidade dicir que nas edicións anteriores foron elixidas: cibercarracho (2023) comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado/-a (2015) e corrupción (2014).
Indo ás palabras as candidatas deste 2024, o termo aparvar(se), xorde da crecente preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos nas redes sociais, as análises sobre esta tendencia global están a xerar neoloxismos (a miúdo préstamos do inglés), pero o vocabulario patrimonial achega solucións como o caso do verbo aparvar(se): ‘quedar parvo ou sen capacidade de discorrer’, na forma intransitiva, ou ‘pór coma parvo, deixar sen capacidade de discorrer a [alguén]’, na transitiva. Conta con varios sinónimos tamén ben expresivos como: atrosmarse, emparvecer ou parvear.
A fase de recolla de suxestións deixou propostas variadas que soan xa ás Letras Galegas 2025. Entre elas salienta o substantivo que designa ás protagonistas da celebración adicada á poesía popular oral, as cantareiras, as mulleres que cantan e crean cantigas populares. Palabra polisémica, soa igualmente moi ben nas acepcións que ten como adxectivo: ‘que sabe cantar ou é afeccionado/-a ao canto’ e ‘que emite un son agradable e melodioso’.
Outra das palabras finalistas é dina, un concepto que non se poderá esquecer, substantivo formado a partir do acrónimo da locución depresión illada en niveis altos. As siglas escríbense en principio con maiúsculas e sen punto, mais cando o seu uso se fai moi frecuente acaban converténdose en unidades lexicalizadas, como aconteceu con este termo por mor da devastadora dina que sufriu especialmente a Comunitat Valenciana o pasado novembro.
Outra palabra que xorde por mor dos fenómenos atmosféricos extremos é: emerxencia climática. Estoutra candidata á Palabra do Ano 2024 alerta das graves consecuencias do cambio climático para todo o planeta e chama á acción colectiva para frealo.
O substantivo fala, fíxose un oco entre as candidatas a causa da preocupante situación da lingua galega. Coa súa sinxeleza e rotundidade, a voz popular que designa a “lingua natural propia dunha comunidade humana” funciona en Galicia como sinónimo pleno do idioma propio do país. Fala define ademais a “facultade de falar” e resume un desexo positivo para a nosa fala no 2025.
E seguindo coa oralidade, outra verba das que resultaron finalistas é: meu, ou miña, como alternativa de noso ao anglicismo *bro, apócope de brother (‘irmán’). Este posesivo ten un uso tradicional oral, sen artigo, en exclamacións ou vocativos que buscan implicar ao receptor na conversa, denotando familiaridade e proximidade afectiva. Xera así expresións como Que me dis, meu? ou Miña, imos á festa?, semellante ao emprego de ho! ou, cun uso cinguido a territorios máis concretos, né ou ché.
Engadir que o Portal das Palabras é o proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Cada semana achega xogos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. A palabra do día é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias.
Dentro das iniciativas compartidas para a difusión da lingua, a RAG e a Fundación Barrié, ademais do Portal das Palabras ofrecen ao público o Ximnasio Léxico, unha aplicación de xogos do Dicionario, dispoñible para dispositivos Android e iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?