Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Ambar gaña o 1º Premio Cenor polo seu programa de podcasts inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Ambar gaña o 1º Premio Cenor polo seu programa de podcasts inclusivos

S. P.
Publicado: 12/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ambar_gana_o_primeiro_premio_da_xii_edicion_dos_premios_cenor_1.jpgA Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional recibiu este martes 10 de decembro o primeiro galardón da XII edición dos Premios Solidarios que outorga a empresa Cenor Electrodomésticos. O primeiro premio, dotado de 6.000 euros, foi para o proxecto Podcast Diversos, un proxecto que estará realizado polas persoas usuarias da entidade inclusiva do Barbanza, con sede principal en Ribeira, para compartir as súas inquedanzas con toda a comunidade, de xeito que tamén mellorarán a súa autoestima e autoconfianza para dicir o que opinan e tomar as súas propias decisións.
A entrega dos premios tivo lugar durante unha gala celebrada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, na que a presidenta de Ambar, Milagros Rey, recolleu o galardón e agradeceu este recoñecemento ao xurado que seleccionou o proxecto, e tamén felicitou a Xanela e Caminando, entidades que tamén foron premiadas nesta edición.
O proxecto premiado levarase a cabo no vindeiro ano e estimarase que beneficiará a preto de 2.900 persoas. Indirectamente tamén beneficiará ó público que segue o contido da Asociación Ambar a través das redes, unha comunidade formada por un total de 8.089 a día de hoxe.
ambar_premio_cenor.jpgSegundo explicaron fontes de Ambar, o programa Podcast Diversos é o primeiro podcast inclusivo e participativo destas características no Barbanza e, tamén, un proxecto pioneiro en Galicia, onde, indicaron, “non existen espazos de comunicación para que as persoas con diversidade poidan, de maneira directa, expresar as súas inquedanzas nunha plataforma de streaming“.
Ambar tamén fixo saber que a través deste ciclo de gravacións radiofónicas en liña aposta “pola innovación mediante o uso de tecnoloxías avanzadas que faciliten unha experiencia de creación inclusiva personalizada”. A comunidade de asociación (persoas usuarias e profesionais) agradeceron a Cenor Electrodomésticos este galardón “o cal abre unha oportunidade para pasar a un plano real e práctico un proxecto único, a través do que se habilitará un espazo para entreter, acompañar e transmitir valores sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?