Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Computerworld inclúe a Altia, por segundo ano, na súa listaxe de mellores empresas IT para traballar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Computerworld inclúe a Altia, por segundo ano, na súa listaxe de mellores empresas IT para traballar

S. P.
Publicado: 12/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

altia_equipo_empresa.jpgPor segundo ano consecutivo, Foundry Computerworld vén de elixir a empresa galega Altia, con sede en Oleiros, como un dos mellores lugares para traballar en TI en 2025, incluíndonos no posto 29 da clasificación das empresas medianas. Best Places to Work in IT é un recoñecemento a nivel mundial para as organizacións que se preocupan por “ter un equipo TI motivado e coidado, a través de grandes beneficios e compensacións, á vez que lles axudan a desenvolver a súa carreira profesional”. As compañías son seleccionadas en base á excelencia e calidade do lugar de traballo.
Como dixemos, a tecnolóxica Altia xa formou parte da listaxe o ano pasado, quedando no posto 27 das empresas medianas e sendo a única empresa española en lograr este recoñecemento.
“Esta distinción reafirma o noso empeño por seguir mellorando e atraendo aos mellores perfís do mundo TI. Máis de 4.000 persoas xa forman parte do grupo e somos conscientes da importancia de coidar ao talento, ademais de seguir sendo competitivos para sumar aos mellores profesionais ao noso proxecto”, comentou Angela Souto, responsable da área de talento de Altia.
“O enfoque deste ano na IA creou unha demanda de novas habilidades en Intelixencia Artificial, análises de datos e computación na nube. A boa noticia é que as empresas líderes recoñecen que estas oportunidades para a innovación empresarial tamén crean novas oportunidades para o talento interno de TI”, afirmou Barbara Call, directora global de estratexia de contido en Foundry, que engadiu que “as nosas empresas gañadoras están comprometidas con manter a súa forza laboral tecnolóxica feliz e comprometida, o que significa ir alén dos aumentos, os beneficios e as promocións para ofrecer oportunidades de mellora das habilidades e a capacitación en tecnoloxías de vangarda e emerxentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?