Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Marcos Almeida (USC) avogou na EGAP por unha IA pública que garanta os dereitos de todas as persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Marcos Almeida (USC) avogou na EGAP por unha IA pública que garanta os dereitos de todas as persoas

S. P.
Publicado: 12/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

marcos_almeida_cerreda_esta_tarde_na_egap_en_santiago_ia_intelixencia_artificial.jpgO profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago Marcos Almeida Cerreda impartiu na tarde deste 12 de decembro unha conferencia na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co título Bases para a regulación e a gobernanza da Intelixencia Artificial no sector público. Esta sesión encádrase no ciclo de conferencias sobre novidades lexislativas no ámbito autonómico, organizado pola Escola.
Marcos Almeida Cerreda é un dos integrantes da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da Intelixencia Artificial en Galicia. Este organismo, creado pola Xunta no 2023, está formado por dez persoas expertas en diferentes ámbitos, como a economía, a filosofía, a evolución humana, a tecnoloxía aplicada, a ética e normativa ou a política pública.
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentou a conferencia e destacou “a importancia de que Galicia vaia a dispoñer da primeira lei de ámbito autonómico en Europa sobre o uso da Intelixencia Artificial, unha norma que garantirá o respecto aos dereitos fundamentais das persoas e as vías de supervisión humana nos procedementos administrativos que empreguen esta tecnoloxía”.
Ademais, lembrou que os sistemas da IA xa se empregan actualmente na Administración Pública para reducir os tempos e facilitar as tramitacións por parte da cidadanía e do persoal empregado público con sistemas como a Plataforma de Automatizacións da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, Marcos Almeida sinalou que o emprego dos sistemas intelixentes asegura unha maior eficacia e eficiencia na prestación dos servizos públicos e na tramitación dos procedementos administrativos. Ademais, apuntou que os servizos públicos ofertaránsenos de forma máis rápida e con maior calidade respecto aos estándares actuais e dunha forma personalizada.
O profesor da Universidade de Santiago tamén salientou que é preciso regular e garantir que o emprego dos sistemas da IA por parte do sector público non supoña unha mingua dos dereitos das persoas nin unha maior debilidade do Estado de Dereito no mundo dixital. Neste sentido, puxo en valor a futura lei galega que regulará o uso da IA, que implicará a creación de novos órganos no ámbito autonómico como a oficina de IA, organismo que controlará e supervisará como se implantan os proxectos da IA no sector público na nosa Comunidade.
Marcos Almeida afirmou que a IA require dunha correcta regulación, que debe ser flexible, dúctil e con capacidade de adecuación e adaptación, baseada en principios xurídicos que orienten, dean directrices, interactúen entre eles, sexan vinculantes e cunha base legal.
Durante a súa intervención, Marcos Almeida explicou o catálogo de principios reitores para regular o deseño, adquisición, implementación e o emprego dos sistemas de Intelixencia Artificial polas entidades do sector público a nivel nacional. Entre eles, destacou os metaprincipios de legalidade e servizo ao interese xeral, planificación, recurso aos mellores estándares e técnicas dispoñibles e asequibles, dilixencia debida, precaución e rendición de contas.
Tamén resaltou a importancia dos principios sistémicos nos que se inclúen os relativos á ordenación, actividade, control e as garantías fronte aos sistemas de Intelixencia Artificial. No eido das garantías, citou os principios de reserva de humanidade e revisión humana, seguridade e privacidade e (de) limitación dos impactos negativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?