Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Biopolo da Sionlla e a Maker Faire Galicia converteron Santiago en capital das tecnoloxías participativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Biopolo da Sionlla e a Maker Faire Galicia converteron Santiago en capital das tecnoloxías participativas

S. P.
Publicado: 13/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_biopolo_sionlla_maria_rozas_makersind1.jpgO Biopolo da Sionlla (Santiago) acolleu este venres 13 de decembro a Xornada da Industria da Maker Faire Galicia, a terceira e última sesión desta décima edición da feira. Na inauguración participou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que enxalzou os beneficios sociais, tecnolóxicos, industriais, educativos e científicos do “espírito maker”, que, segundo dixo, “ten a cooperación como un dos seus principios básicos, para avanzar na diversificación económica de Santiago”.
Maker Faire
A tenenta de alcaldesa lembrou que o Biopolo da Sionlla, o espazo onde se celebrou a Xornada da Industria da Maker Faire, “é o resultado da colaboración iniciada hai máis dunha década entre as diferentes administracións co empeño, sobre todo, da Asociación Empresarial do Polígono do Tambre”. María Rozas avogou por dar continuidade a esta cooperación “no reto compartido de incrementar o peso da industria no PIB de Santiago, que cun 7% está aínda moi por debaixo doutras cidades galegas”.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude reiterou que “potencial e talento temos para seguir avanzando nesa dirección, tal e como demostran os relatorios da xornada de hoxe”, sinalou,
Na inauguración da Xornada da Industria da Maker Faire Galicia participaron tamén José Fernández Alborés, presidente do consello de administración de Sionlla Biotech; Covadonga Toca, directora Xeral do IGAPE; e Marcos Saavedra, cofundador da Maker Faire Galicia.
Na xornada participaron importantes relatores como Eduardo Fernández, director do Instituto de Bioenxeñería da Universidade Miguel Hernández; Yaiza Rubio, Chief Metaverso Officer en Telefónica; a compostelá Mónica Bello, directora de Arts at CERN; e Adrián Mosquera Orgueira, hematólogo e investigador no Hospital Universitario de Santiago de Compostela e no IDIS. Ademais das ponencias, haberá presentacións curtas de startups e profesionais galegas do ámbito biotech.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?