Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa de podcast Aquí faltan páxinas enxalza a figura de María Araújo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa de podcast Aquí faltan páxinas enxalza a figura de María Araújo

S. P.
Publicado: 13/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241212_sandra_bastos_afp_maria_araujo.jpgO Auditorio de Vilagarcía de Arousa acolleu este xoves 12 de decembro o último faladoiro da segunda edición do programa Aquí faltan páxinas, impulsado pola Deputación de Pontevedra para rescatar as historias de mulleres que non adoitan ser contadas. A sesión puxo o foco na activista María Araújo, coñecida como María a Guerrilleira, e correu a cargo de Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América e coordinadora do grupo de investigación HistAmérica na USC.
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, que foi a encargada de abrir o acto, lembrou que Araújo “loitou contra as ditaduras de Franco e a de Batista, en Cuba, e como todas as mulleres protagonistas deste ciclo ben merece ocupar páxinas nos libros de historia”.
Araújo naceu no Carril en 1904 e emigrou con só dous anos a Cuba. Ao regresar a Galicia participou na resistencia antifranquista e foi encarcerada. Tras a súa liberación, continuou loitando contra réximes desde Cuba, a onde regresou desde España tras saír do cárcere.
Coa súa inclusión no proxecto Aquí faltan páxinas, lembrou Sandra Bastos, “completamos as páxinas que lles faltan aos libros coas traxectorias de grandes mulleres, e coa vista posta nas nosas nenas e mozas, porque precisamos construír referentes” para que os nenos e nenas “medren sabendo que houbo moitas mulleres, no pasado remoto, próximo e tamén no presente, que brillaron e brillan en diferentes ámbitos da sociedade”.
A traxectoria de María Araújo, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa Aquí faltan páxinas, pode consultarse nun poodcast do que se poderá desfrutar tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify e que incluirá algúns dos testemuños recollidos no faladoiro deste 12 de decembro. Nestas mesmas plataformas poden consultarse todos os episodios anteriores tanto da primeira como da segunda edición do programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?