
A iniciativa encádrase como dixemos na nova edición do programa Faíscas Culturais, que é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse a transformar coa aparición dos medios dixitais. En concreto, o programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do alumnado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título i-Emotions: Afectos Dixitais, esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición Afectos Dixitais sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, se están transformando coa aparición dos medios dixitais.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
A maiores, esta mesma semana, o día 19 de decembro celebrarase un novo debate sobre as consecuencias da desinformación e as novas falsas sobre a democracia (propostas de alfabetización dixital). O alumnado da materia Política e Comunicación do grao en Ciencia Política e da Administración realizará o 19 de decembro, en quendas de 10.00 a 11.00 e de 17.00 a 18.00 horas na aula 0.2 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, debaterán sobre as consecuencias da desinformación e as fake news sobre a democracia e construirán propostas para a alfabetización dixital e así evitar a degradación da calidade democrática do sistema político.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
Engadir que na mesma xornada do 19 de decembro o alumnado da materia Tecnopolítica e redes sociais do mestrado universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política realizará ás 12.30 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, unha visita á exposición Afectos Dixitais guiada polo comisariado desta. Xa o 19 de decembro, de 16.00 a 17.30 horas na aula 1.4 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, realizará un programa divulgativo en Twitch en directo sobre a exposición e a súa relación coa Ciencia Política.
Faíscas Culturais (USC) céntrase esta semana nas emocións e na información nos tempos da IA
Compartir Este Artigo

