Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña, AsoPMR e Google.org facilitarán a identificación e acceso ás prazas de estacionamento PMR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña, AsoPMR e Google.org facilitarán a identificación e acceso ás prazas de estacionamento PMR

S. P.
Publicado: 17/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coruna_google.jpgMapear os estacionamentos para persoas con mobilidade reducida é o obxectivo do proxecto piloto Spot4Dis, sustentado en tecnoloxía satelital e IA, Street View e Google Maps asinado a semana pasada pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o tesoureiro da Asociación de Personas con Movilidad Reducida (AsoPMR), Danilo Francesca.
Sinalar que esta proposta se levará a cabo en cinco cidades europeas coa finalidade de facilitar a identificación e acceso ás prazas de estacionamento PMR mediante a tecnoloxía satelital, Street View e IA.
O uso desta tecnoloxía será posible grazas ao apoio que dá Google.org a este proxecto, concibido pola AsoPMR coa finalidade de darlle unha información de utilidade ás persoas con mobilidade reducida e mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Neste senso, Spot4Dis foi unha das propostas gañadoras do concurso Google Impact Challenge: Tech for Social Good, captando 1,5 millóns de euros en financiamento, así como o apoio técnico de Google.org.
No acto de sinatura que tiña lugar en María Pita, Rey puxo en valor o feito de que A Coruña sexa unha das cinco cidades beneficiadas pola posta en marcha deste proxecto, “que permitirá reforzar a nosa política de melloras da accesibilidade nos espazos públicos”. Ademais da Coruña, haberá outras tres urbes españolas (Valencia, Zaragoza e Badajoz) e unha italiana, Génova.
A este respecto, o Concello colaborará coa AsoPMR e Google.org facilitando a súa base de datos das prazas PMR xa habilitadas, así como tamén das previstas a futuro, e a normativa municipal vixente neste eido. Rey apuntou que, a maiores, o Concello levará a cabo campañas de sensibilización e eventos abertos á cidadanía “para concienciar sobre a importancia desta medida e asesorar as persoas susceptibles de usar esta nova tecnoloxía, que nos dará un pulo fundamental en clave de accesibilidade urbana”.
A rexedora, acompañada hoxe pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, lembrou que, pouco a pouco, a cidade vai avanzando para facer máis visibles as prazas PMR. “Estamos traballando para que a bolsa de prazas existente se adapte á realidade actual da nosa cidade, contando cunha dotación adecuada en puntos específicos como as instalacións sanitarias, residencias da terceira idade, centros cívicos e centros de día”.
Engadir que no acto de sinatura tamén interveu, por videoconferencia, o director de Relacións Institucionais e Políticas Públicas de Google España, Miguel Escassi, que salientou a necesidade de que “a Intelixencia Artificial sexa unha oportunidade que non só redunde no económico, senón que represente avances sociais e que non deixe ninguén atrás”.
Para rematar segundo, Escassi, o directivo de Google, o feito de que A Coruña fose unha das cinco cidades elixidas para o proxecto piloto tivo que ver a próxima apertura da Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), identificando a cidade herculina como “un ecosistema emerxente da IA”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?