Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rapazada de Barreiros conecta con Papá Noel por videoconferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rapazada de Barreiros conecta con Papá Noel por videoconferencia

S. P.
Publicado: 17/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cemit_barreiros_papa_noel.jpgDende o 11 de decembro e ata o 19 de decembro as aulas da Rede CeMIT nos nosos concellos están a manter comunicacións por videoconferencia cun célebre persoeiro relacionado con estas datas de Nadal: o Papá Noel. Nestas conexións con Laponia participarán un total de 663 os nenos e nenas de educación infantil de 20 concellos os que participarán nesta iniciativa, que celebra xa o seu décimo sétimo aniversario. Esta semana é a quenda da rapazada de San Cosme de Barreiros.
Os encargados de inaugurar estes encontros virtuais o mércores 11 de decembro foron os escolares de Educación Infantil do CEIP Xaquín Lorenzo Xocas de Bande.
Nos seguintes días e ata o 19 de decembro conectarán con Laponia, en intervalos de media hora, as aulas CeMIT de Abegondo, Bande, O Barco, Barreiros, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Catoira, Celanova, A Fonsagrada, Guitiriz, Leiro, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo.
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel as persoas adultas en situación de dependencia psíquica do Centro de Día e da Asociación Alume de Guitiriz, así como persoas usuarias da Asociación Pro-Minusválidos Aspromor de Ortigueira.
Con este tipo de experiencias, a Rede CeMIT da Xunta busca “converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen”.
A comunicación con Barreiros
A Aula CeMIT de Barreiros acolle esta semana esta actividade máxica e chea de ilusión para as nenas e nenos do municipio, e faino en dúas quendas. Este luns, 16 de decembro, foi a quenda do alumnado do CEIP de San Cosme, que se desprazou ata a aula para participar nesta experiencia. Mañá, martes 17, será o alumnado do CEIP de San Miguel quen viva esta conexión máxica coa terra do Nadal.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destacou o bonito desta iniciativa: “É unha oportunidade para que as crianzas poidan vivir con máis intensidade a maxia do Nadal grazas ás novas tecnoloxías. Ademais de fomentar a ilusión propia destas datas, promóvese o uso das TIC dun xeito positivo e innovador”.
Desde o concello de Barreiros agradeceron a colaboración dos centros educativos do municipio por sumarse a esta actividade que converte a tecnoloxía en vehículo para transmitir desexos e ilusións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?