Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netun, seleccionada polo Parque Móbil do Estado para equipar a súa frota co seu dispositivo IoT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Netun, seleccionada polo Parque Móbil do Estado para equipar a súa frota co seu dispositivo IoT

S. P.
Publicado: 17/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

funcionalidades-help-flash-1-1024x1015.jpgO Parque Móbil do Estado, organismo responsable da Administración Xeral do Estado e dos seus órganos constitucionais, adxudicou á empresa galega de tecnoloxía ao servizo da seguridade viaria Netun Solutions a licitación para equipar toda a súa frota de vehículos coas balizas conectadas Help Flash IoT.
En total, o organismo público, adscrito ao Ministerio de Facenda, adquiriu 649 dispositivos luminosos que son xa o substituto legal dos triángulos de seguridade e que, en pouco máis dun ano, serán de uso obrigatorio.
Este anuncio coñécese tan só semanas despois de que a DXT tamén adquirise, a través dun proceso de licitación, 700 luces V-16 Help Flash IoT para equipar toda a súa frota de vehículos.
Pola súa banda, tamén outras entidades privadas, como a empresa Arval, fabricantes como Toyota e Volvo decidiron xa integrar as solucións de Netun Solutions nas súas operacións, o que, en palabras da empresa de Vigo, “marca o camiño cara a un futuro máis seguro e conectado nas estradas”.
Lembrar que Help Flash IoT é unha baliza de emerxencia cuxo obxectivo principal é salvar vidas na estrada, reducindo os atropelos que se producen cando, tras unha avaría ou accidente, o condutor e os ocupantes do vehículo abandonan o habitáculo para sinalizar a situación aos demais usuarios da vía. Estes dispositivos están equipados con tecnoloxía NB-IoT (Narrow-Band Internet Of Things) que lles proporciona conectividade. En caso de incidente, ao activar a baliza, envíase de maneira inmediata, automática e anónima unha notificación ao centro de control de tráfico da DXT indicando a localización exacta do vehículo e esta información é compartida en tempo real a través da Plataforma DXT 3.0 e do Punto de Acceso Nacional aos demais usuarios da vía.
“Desta forma os condutores non só están sinalizados fisicamente a través dunha luz, senón que tamén o están de forma virtual, converténdose na opción de sinalización máis segura e unha ferramenta imprescindible para optimizar a resposta en emerxencias e previr accidentes, sobre todo en condicións adversas”, sinala o CMO de Netun, Alejandro González, engadindo que “para nós é un orgullo ver como cada vez máis entidades públicas e privadas mostran o seu compromiso coa seguridade viaria e dan o exemplo ao resto dos condutores adquirindo de forma anticipada as balizas V-16, facendo cada vez máis seguras as nosas estradas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?