Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro presenta unha web que xeorreferencia os santuarios das Cantigas de Romaría
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro presenta unha web que xeorreferencia os santuarios das Cantigas de Romaría

S. P.
Publicado: 17/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

241217_cultura_cantigas_01av.jpgO Pazo de San Roque (Santiago) acolleu este martes 17 de decembro a presentación dun novo recurso en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: unha ferramenta que xeorreferencia os santuarios evocados nas Cantigas de Romaría, unha modalidade das coñecidas como as de Amigo.
Na presentación desta páxina web, creada polas directoras do proxecto, Pilar Lorenzo e Mercedes Brea, o secretario xeral de Lingua, Valentín García, considerou “esencial” a posta en marcha destes recursos para a investigación das Cantigas de Romaría, que son propias da Lírica profano galego-portuguesa e que “teñen esta denominación porque citan os santuarios e lugares de peregrinación a ermidas, onde se atopaban os namorados protagonistas destas composicións”.
Valentín García explicou que, dentro das Cantigas de Amigo, existe un grupo de textos da autoría de poetas diferentes que “dotaron os seus versos dun selo único ao situalos nunha ermida, santuario ou igrexa”. Ao respecto, precisou que na maioría dos casos cada trobador ou xograr menciona un haxiotopónimo propio, “que se acaba convertendo nun signo de autoría que non pasa desapercibido para os expertos na materia nin para os propios lectores”.
García lembrou que “a singularidade” deses textos foi a que determinou que as responsables do proxecto Lírica profana galego-portuguesa do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades decidisen poñer en marcha este novo recurso. Segundo detallou, esta páxina web ofrece unha serie de mapas nos que aparecen xeorreferenciados os santuarios citados, ao tempo que inclúe un estudo desta modalidade das Cantigas de Amigo. Ademais incorpora imaxes actuais daqueles escenarios xeográficos.
O secretario xeral tamén fixo saber que o novo recurso facilita ás persoas usuarias a “bibliografía esencial” para o estudo das Cantigas de Romaría e refórzanse as ligazóns que vinculan cada autor á súa biografía e á súa produción na Base de datos de Poesía Profana Galego-Portuguesa coa que conta o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?