Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: X acepta loitar contra os discurso de odio en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

X acepta loitar contra os discurso de odio en Europa

Redacción
Publicado: 20/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Comisión Europea e o Consello Europeo de Servizos Dixitais veñen de amosar a súa satisfacción co novo Código de conduta para combater os discursos de odio ilegal en liña + no marco da Lei de Servizos Dixitais (DSA), que fomenta códigos de conduta voluntarios para abordar os riscos en liña, e que finalmente contra con importantes adhesións: Dailymotion, Facebook, Instagram, Jeuxvideo.com, LinkedIn, os servizos de consumo aloxados por Microsoft, Snapchat, Rakuten Viber, TikTok, Twitch, X e YouTube. Cómpre destacar o caso de X, pois Twitter asinara o Código de conduta de 2016, pero tras a chegada de Elon Musk, desvinculárase de tal compromiso.
O Código de conduta + fortalecerá a forma en que as plataformas en liña xestionan contidos que as leis da UE e nacionais definen como discurso de odio ilegal. O Código de conduta integrado facilitará o cumprimento e a aplicación efectiva da DSA no que respecta aos riscos de difusión de contido ilegal nos seus servizos.
Tras esta integración, as plataformas en liña designadas baixo a DSA poden adherirse ao Código de conduta + para demostrar o cumprimento coa obriga da DSA de mitigar o risco de difusión de contido ilegal nos seus servizos. O cumprimento cos compromisos do Código de conduta + formará parte da auditoría independente anual á que estas plataformas están suxeitas baixo a DSA e que contribúe a reforzar a transparencia e a rendición de contas das plataformas.

Concretamente, os asinantes do Código de conduta + comprométense, entre outras cousas, a:
– Permitir que unha rede de Informadores de Seguimento, que son entidades sen ánimo de lucro ou públicas con experiencia en discurso de odio ilegal, monitoricen regularmente como os asinantes revisan os avisos de discurso de odio: os Informadores de Seguimento poden incluír entidades designadas como Alerta de Confianza baixo a DSA.
– Esforzarse en revisar, polo menos, dous terzos dos avisos de discurso de odio recibidos dos Informadores de Seguimento nun prazo de 24 horas.
– Comprometerse con medidas de transparencia ben definidas e específicas respecto das accións para reducir a prevalencia do discurso de odio nos seus servizos, incluíndo ferramentas de detección automática.
– Participar en cooperación estruturada entre múltiples partes interesadas con expertos e organizacións da sociedade civil que poidan sinalar as tendencias e desenvolvementos do discurso de odio que observen, axudando a previr ondas de discurso de odio que poidan viralizarse.
– Elevar, en cooperación con organizacións da sociedade civil, a conciencia dos usuarios sobre o discurso de odio ilegal e os procedementos para sinalar contido ilegal en liña.

Como parte das súas respectivas avaliacións do Código de conduta +, a Comisión e o Consello Europeo de Servizos Dixitais animan ás plataformas asinantes a ter en conta varias recomendacións ao implementar o Código de conduta +, incluíndo:
– Proporcionar información, como parte dos seus informes, sobre os resultados das medidas tomadas, así como datos adicionais relacionados co discurso de odio nas súas plataformas. Isto pode incluír, por exemplo, o papel dos sistemas de recomendación e o alcance orgánico e algorítmico do contido ilegal antes da súa eliminación.
– Presentar datos a nivel de país desagregados segundo a clasificación interna do discurso de odio (como raza, etnia, relixión, identidade de xénero ou orientación sexual) e garantir un seguimento axeitado das achegas derivadas da cooperación entre múltiples partes interesadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?