Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras acada un acordo coa Universidad a Distancia de Madrid para integrar a drónica no eido universitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras acada un acordo coa Universidad a Distancia de Madrid para integrar a drónica no eido universitario

S. P.
Publicado: 22/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udima_aerocamaras_acordo2.jpgA compañía galega Aerocamaras, referente estatal na formación e desenvolvemento con drons con sede en Lalín e no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), vén de alcanzar un acordo coa Universidad a Distancia de Madrid (UDIMA) para integrar a drónica no eido universitario. Na sinatura participaron Juan Luís Rubio, vicerreitor de UDIMA, e Francisco Álvarez, director executivo (CEO) de Aerocamaras.
Este acordo permitirá ao alumnado das dúas entidades ter acceso a formación de alto nivel cos títulos propios de UDIMA e os cursos oficiais, técnicos e universitarios do Campus UAS de Aerocamaras. En concreto, tanto os alumnos como os antigos alumnos de UDIMA e de Aerocámaras gozarán de condicións vantaxosas á hora de matricularse na oferta formativa de ambas as dúas escolas superiores. Ademais de bonificacións, incluirase gratuitamente con cada inscrición o curso Área de Desarrollo de Carrera de UDIMA.
Esta acción complementarase coa incorporación de Aerocamaras no programa de mentoring da universidade en liña, para fomentar a relación de desenvolvemento profesional e persoal do seu antigo alumnado e axudar a establecer un itinerario profesional acorde ás capacidades e aptitudes no eido tecnolóxico. A este programa engádese, ademais, o plan de prácticas profesionais en empresas para os alumnos de pilotos de drons.
udima_aerocamaras_acordo1.jpgCon este acordo consolídase a colaboración que as dúas entidades iniciaron este mesmo ano co título propio de Piloto Máster UAS, única certificación técnica de piloto de drons que existe en España con acreditación universitaria de ámbito europeo, homologado pola EASA (European Union Aviation Safety Agency).
As dúas institucións consideran de “gran relevancia” establecer estas liñas de colaboración para a organización de actividades formativas de alto nivel. Francisco Álvarez, CEO do Grupo Aerocamaras, destacou desta unión que “é un fito no ámbito da formación técnica. Nós, apaixonados polos drons e a formación, e UDIMA, especialistas en formación universitaria online de calidade, damos resposta á imparable demanda de todos os sectores profesionais para aproveitar as vantaxes da drónica en actividades diversas. Sen dúbida, a sinatura deste convenio con UDIMA é un privilexio e supón un gran paso no noso desenvolvemento estratéxico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?