As compañías eléctricas están obrigadas a incluír nas súas facturas un código QR ou unha ligazón ao Comparador de ofertas de gas e electricidade da CNMC, detalle que Endesa Energía e Naturgy Iberia omitiron ou realizaron de xeito erróneo, polo que a CNMC impúxolles cadansúa multa de 600.000 euros.
No caso de Endesa, a sanción redúcese nun 20%, quedando en 480.000 euros, e no caso de Naturgy redúcese nun 40%, ata os 360.000 euros, por teren ambas realizado o pagamento en período voluntario.
Escanear o QR da factura permítelle ao cliente ver os seus propios datos de consumo e comparar se existen ofertas máis ou menos económicas no mercado. Ademais, dálle acceso a Entiende tu factura, outra ferramenta da CNMC que lle explica o seu contrato e cada importe do recibo.
Dúas persoas denunciaron ter recibido facturas sen o contido indicado. A CNMC acreditou que Endesa Enerxía incluíu códigos QR ou ligazóns incorrectamente parametrizadas e que Naturgy Iberia omitiu o código QR ou a ligazón ao Comparador nalgunhas das súas facturas.
Sancións a Endesa e Naturgy por non facilitar nas facturas o acceso ao Comparador da CNMC
Compartir Este Artigo

