Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SDG Group reforza a súa aposta pola IA con Orbitae
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SDG Group reforza a súa aposta pola IA con Orbitae

Redacción
Publicado: 10/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

orbitae_sdg_group-antonio_torrado.jpgSDG Group, consultora tecnolóxica multinacional que ten en Santiago de Compostela o seu hub especializado en datos e IA para o sector público, vén de presentar a súa visión estratéxica sobre a IA no evento Decoding IA for Business Impact, que serviu de escenario para anunciar o nacemento de Orbitae, unha nova marca que representa a evolución na estratexia de IA de SDG Group.
Este desenvolvemento reflicte o compromiso de SDG Group por liderar a través da innovación e proxectar o seu coñecemento cara ao ecosistema internacional. «Inspirado nos corpos celestes que xiran arredor dun centro, o nome de Orbitae simboliza como os negocios deben manterse en constante movemento e aliñados arredor da intelixencia baseada en datos para non perder o rumbo», explica Antonio Torrado.
Orbitae representa unha evolución natural do compromiso de SDG Group coa innovación arredor da intelixencia artificial, consolidado cun investimento de máis do 16% dos ingresos en I+D. Este esforzo permite á compañía desenvolver propiedade intelectual propia, materializada en ferramentas de IA, aceleradores de solucións, patróns de deseño e marcos que permiten obter resultados máis rápidos e escalables. Orbitae tamén inclúe o ecosistema de alianzas estratéxicas en Intelixencia Artificial cos principais socios tecnolóxicos da industria.
Do mesmo xeito, Orbitae é tamén unha aposta polo talento. Con máis de 300 especialistas en IA e 2.500 consultores en todo o mundo, SDG Group prevé triplicar o número de expertos nesta área nos vindeiros tres anos, atendendo a demandas do mercado xa que «o ano pasado o noso negocio nesta área medrou un 56%, e iso permítenos facer esta previsión de crecemento. En paralelo, tamén triplicaremos o equipo de expertos en IA para que as necesidades da industria estean aliñadas co talento que podemos ofrecer ao mercado», conclúe Antonio Torrado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?