Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA xenerativa comeza a influír nas buscas en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA xenerativa comeza a influír nas buscas en liña

Redacción
Publicado: 15/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gokrlxdxiaankek.jpgA axencia de márketing dixital Internet República, especializada en márketing para motores de busca, publica o seu informe Situación actual dos buscadores en 2025, un estudo detallado sobre a evolución do mercado global dos buscadores co obxectivo de analizar como a intelixencia artificial xenerativa e os novos hábitos dixitais están a mudar a forma de buscar información na Internet.

Contidos
  • Google mantén a hexemonía
  • A IA nos resultados de busca de Google
  • ChatGPT e Bing medran, pero aínda lonxe de Google
  • O vídeo, territorio estratéxico na batalla pola busca

Google mantén a hexemonía

A principal conclusión do informe é clara: Google continúa a ser o buscador dominante, cunha cota de mercado global do 89,71% e do 94,4% no Estado español, a pesar do crecemento de alternativas como ChatGPT, Gemini ou Perplexity. Con todo, este liderado comeza a mostrar sinais de esgotamento: por primeira vez desde 2015, a cota global de Google cae por baixo do 90%.
Bing (4,01%), Yandex (2,51%) e Yahoo (1,33%) rexistran un crecemento relevante grazas á integración de sistemas de intelixencia artificial e á evolución nos hábitos de uso. Con todo, Google segue a dominar claramente, especialmente como fonte de tráfico en ámbitos orgánicos, publicitarios, de IA e vídeo.
Segundo o informe, o 44,7% dos usuarios empregan Google para acceder directamente a sitios web, un 30,8% para obter información e un 21,3% con intención de compra ou contratación, o que evidencia o seu papel clave en todas as fases do percorrido dixital do consumidor.

A IA nos resultados de busca de Google

Un dos fitos máis destacados do estudo é a chegada a Europa da Vista creada con IA, unha nova funcionalidade de Google que incorpora IA xenerativa para ofrecer resumos directamente nos resultados da busca.
Porén, o seu impacto aínda é limitado: o 99,2% das palabras clave que activan esta función corresponden a buscas informativas, e o tráfico xerado por estas consultas é, de media, 193 veces inferior ao das buscas tradicionais, debido á súa baixa popularidade e volume.

ChatGPT e Bing medran, pero aínda lonxe de Google

internetrepublica_estudio-buscadores-2025-buscas_diarias.jpgA integración de ChatGPT en Bing (coa denominación de Copilot) reforzou a posición do buscador de Microsoft, que acadou os 615 millóns de buscas diarias en 2024. Con todo, está aínda moi por detrás de Google, que procesou unha media de 14.000 millóns de buscas diarias, un 21,64% máis ca en 2023.
Pola súa banda, ChatGPT rexistra 37,5 millóns de interaccións diarias, aínda que só o 30% están relacionadas con buscas; o 70% restante corresponde a funcións propias dun asistente virtual, como a xeración de textos, traducións ou creación de imaxes. Ademais, o 90% do tráfico de ChatGPT céntrase en contidos informativos e académicos, mentres que só un 10% está vinculado ao comercio electrónico, onde Amazon continúa a concentrar a maior parte deste tráfico.

O vídeo, territorio estratéxico na batalla pola busca

O contido audiovisual segue a gañar terreo en 2025. Plataformas como YouTube, TikTok e Instagram consolidáronse como portas de entrada á información, especialmente entre o público mozo. Máis do 50% das buscas nestas redes teñen un fin informativo, segundo o informe de Internet República, reflectindo un cambio nos hábitos de consumo de coñecemento.
YouTube continúa a liderar como principal buscador de vídeos, seguido por TikTok, que destaca pola súa elevada taxa de interacción entre usuarios novos e pola súa utilidade para atopar titoriais, recomendacións e tendencias. Instagram combina a busca informativa cunha navegación centrada na imaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?